Bos días familias e cativos/as, xa estamos de aquí de novo un día máis, feliz Mércores a tod@s !!!
Amanecemos hoxe cunha caixa de sorpresas para descubrir e pequenas ideas e suxerencias para compartir, tal e como estaba plantexado no cadro lectivo mañán no nos conectaremos e pasado tampouco pola ponte. Co cal non teredes noticias nosas ata o luns, así que vamos con estas novas suxerencias para estes días.
Moito Ollo comezamos...
Comezamos co novo centro de Interese para os nosos alumn@s estes días: AS TRIBUS. Traballarémolo durante o 3º trimestre, tanto a profe Vane coma mín íbamos a facer unhas sesións de investigación intrépida nestes días antes das vacacións para descubrir os novos amigos que nos acompañarán ata final de curso.
Debido a esta situación tan extraordinaria pensamos que sería boa idea potenciar o sendido de asombro e de búsqueda dos cativ@s sendo as familias quenes leades con eles isto e poder acompañalos nesta cadea de investigación a través da creatividade que queirades durante os días que creades oportunos.
Sería interesante que recollades algunhas das preguntas plantexadas en folios, cartóns, cartulinas ( se dispoñedes dese material na casa) colocando fotos impresas, escribindo notas coa axuda dos irmáns maiores, de vós como papás e mamás plasmando as ideas que vos dín os vosos fillos/as... decorandoo como vos queirades, con pequenas lapelas de papel que abren e teñen unha imaxe debaixo, con papeliños pegados, gomets, pompóns... mil e unha ideas animando os nen@s da casa a realizar unha actividade conxunta e libre para facer como queirades, tendo presente que todo isto son suxerencias non obrigacións.
Como seguinte RETO para estes días deixamos caer a idea de poder tinguir pasta de cores de diferentes formas e tamaños e facer colares introducindo polos buratiños da pasta cordel, fio, la...
Ista é unha activiade que lles encanta e están acostumbrados a levala a cabo nas aulas pero con outros materiais.
Podedes tinguir a pasta con temperas ou a través de colorante alimenticio que poderedes a topar nos servicios de alimentación abertos, ( coma titoras pensamos que a segunda opción e a máis adecuada por mor de que leven a boca a pasta tinguida).
Porque pasta de cores? pensamos que o feito de tenguir fai que sexa máis atractiva para eles e incluso poden xogar con ela a trasvasar ou clasificar por cores, facer series de cores... pero se non podedes non pasa nada.
CONTOS pinchade enriba
RECURSOS AUDIOVISUAIS DE INTERESE
- https://www.elbuhoboo.com/
(ordenador y App Android)
- https://arbolabc.com/ (ordenador)
RELAXACIÓN, unha canción que nos encanta é a de Rosalia Pequeniña, a través de esta canción suave e fermosa relaxamos a nosa respiración e as veces poñémonos por parellas e dámonos suaves caricias coas mans ou con plumas. (Entendemos que os recursos son moi limitados estes días pero podedes facelo con calquer obxecto que sexa suave e agradable, exemplo un peluche)
Pincha Aqui
PROPOSTA DE XOGO
" CARA TERRAS AFRICANAS"
Xa que a proposta para estes días vai de investigar sobre novas tribus que coñeceu o Cano cando surcou por África imos a realizar unha carreira de barcos...
Para esta actividade lúdica teremos que recrear barcos de papel, para elo os imos a dar unhas instrucións visuais para que os podades facer na casa.
1º Construíde os barquiños de papel.
2º Decorádeos como queirades, dibuxando o que máis vos guste nel, pintadoos de cores... para identificar cada un o seu barquiño.
3º Facede unha fila con todos os barcos para unha carreira de barcos, os barcos de antes os de Magallanes e o Cano movíanse polo mar coa forza do vento, os nosos barcos son deses, polo tanto teredes que soprar para que o voso barco chegue a Terra.
4º Marcade no espacio dous puntos en línea recta separados entre sí por unha distancia de 1 ou 2 metros. Un punto será a saída e outro a chegada, xa tendes o voso itinerario, colocadevos na saída e a de 1,2,3 ca forza do voso soplido intentade chegar o punto de meta, FELIZ REGATA!
É importante que fagades transmitir que da igual quen gane ou perda o important e xogar, se os cativos se cansan moito podedes facer relevos, diferentes portos ou metas...
BUENO FAMILAS E CATI@S ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN ESTAS IDEAS, RECORDADE QUE NON VOLVEREMOS A CONECTARNOS ATA O LUNS, QUE TEÑADES UNS FELICES DÍAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario