Ola familias:
Somos Laura e Maite e
queriamos mandarvos unha mensaxe moi importante.
En primeiro lugar decirvos
que vos botamos mooooito de menos. Co ben que estaríamos todos e todas no cole
facendo un montón de cousas divertidas (e algunha aburrida tamén). Pero non
poder ser. Agora toca facer caso da mensaxe: QUEDA NA CASA!.
Xa sabemos que co maiores
que sodes (os maiores de infantil) non ides ter problema en cumplilo.
Que vai ser difícil? SI
Que vai ser aburrido? SI
Que queremos baixar á rúa? SI, pero non podemos.
Asi que, entre todos/as, imos
intentar pasar este rato o máis entretido posible. Pero para iso necesitamos da
vosa axuda. E non digades nada pero as vosas familias tamén necesitan moito que
lles axudedes. Xa sabemos que podedes facelo así que veña, MANS Á OBRA:
1. Aséate e vístete coma todos os días (podes
aproveitar para poñer esa roupa que case nunca pos)
2. Cada
mañá, durante o almorzo familiar, podedes facer unha pequena asemblea decidindo, entre todos/as,
cales serán as tarefas principais do día.
3. Cada
día podedes colaborar na casa coas tarefas
máis sinxelas e axeitadas á vosa idade:
o
poñer e recoller a mesa,
o
meter e sacar a roupa da lavadora,
o
participar, na medida do posible, na
elaboración das comidas,
o
facer a cama.
4. Non
abusedes da televisión, do ordenador e da tablet. Poderedes empregalas (máis do
normal) pero sen perder a cabeza. Pactade previamente coas vosas familias o
tempo que se adicaredes a cada unha.
5. Adícalle
un tempo ás actividades que aparecen
no blogue do cole A sementeira de Navia
(publicaranse cada día lectivo). Así, cando todo isto remate, podedes levar
algunha á aula e ensinarlla aos compis.
6. Comparte coa túa familia
actividades que poidades facer todos/as xuntos: xogos de mesa, manualidades,
receitas…Calqueira actividade coas familia será estupenda e maravillosa.
7. Podedes participar en actividades programadas grupales entorno ao Corona Virus (aplausos grupais agradecendo ao equipo médico a súa tarefa, debuxos pegados nos cristais das ventás...) Pode ser un momento divertido e un máis de entretenimiento. Ademáis de que os nenos e nenas sinten que eles poden colaborar mellorando un pouquiño esta situación.
8. E o máis importante: XOGA, RI, BAILA, CANTA E, SE FAI FALTA, BERRA
7. Podedes participar en actividades programadas grupales entorno ao Corona Virus (aplausos grupais agradecendo ao equipo médico a súa tarefa, debuxos pegados nos cristais das ventás...) Pode ser un momento divertido e un máis de entretenimiento. Ademáis de que os nenos e nenas sinten que eles poden colaborar mellorando un pouquiño esta situación.
8. E o máis importante: XOGA, RI, BAILA, CANTA E, SE FAI FALTA, BERRA
Ao rematar o día, nun momento de relax e
tranquilidade, as familias podedes falar cos nenos e nenas e comentar esta
situación tan extraordinaria.
Os papás e as mamás podedes contarlles como
vos sentides, explicando que para vós tamén é totalmente inusual.
Procurando ver a cara positiva de todo esto,
valorando o tempo que pasades todos xuntos, e imaxinando cousas que poderedes
facer cando esto remate e todo se normalice.
É a maneira de que os nenos e nenas conten
como se sinten e expresen as súas dúbidas sobre esta situación.
De momento nada máis. Contamos convosco
porque sabemos que podedes facelo.
Ademais, podedes enviarnos calquera dúbida,
pregunta ou suxerencia ao nos email: Ou, simplemente, contarnos algo que vos
apeteza. Sempre respondemos.
AULA GOLFIÑOS - PROFE
LAURA (5 ANOS A):
ceipcastelaoinfantil5a@gmail.com
AULA VAGALUMES - PROFE
MAITE (5 ANOS B):
ceipcastelaoinfantil5b@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario