20 de feb. de 2022

4 ANOS B. ELABORAMOS UN BISCOITO

Estos días na clase dos  dragóns elaboramos un biscoito delicioso co que disfrutaron moitísimo todos os cativos,



















PROPOSTAS DO 21 AO 25 DE FEBREIRO PARA AS XOANIÑAS E BOLBORETAS

Ola peques! Aínda que estedes na casa pasaremos uns días do máis divertido posible festexando o noso particular Entroido. Así que, para comezar, non esquezades os mandatos do Meco para cada día:



Tamén podedes pasar un rato do máis divertido facendo máscaras variadas . Aí van unhas poucas ideas:



Loxicamente, non podería faltar as máscaras que dan nome as nosas aulas. Elixe a túa e a decóraa!



Queredes máis? Que tal un pouco de maquillaxe e deixar voar a vosa imaxinación? Aquí van algunhas ideas:




E agora...  non podería faltar a música así que todo o mundo A BAILAR! co "O Entroido move o corpo" de Paco Nogueiras.


E se o venres non podedes estar no cole, disfrazádevos na casa e enviade as vosas fotos ao correo da clase. Lembrade facer unha merenda especial de Entroido en familia


Gozade ao máximo do Entroido en compañía dos vosos. Desde a aula estaremos desexando vervos de novo.

Moitos bicos e apertas!













19 de feb. de 2022

Novas dos leóns!

 Ola a todas e a todos! 🦁

Aquí van algunhas fotos de cousiñas que traballamos os leóns na aula esta semana!

O 14 de xaneiro debuxamos mandalas do amor, pensando nos amigos, na familia, nos animáis e en tódalas cousas que falamos na asamblea que representan o amor. 💘

Estivemos preparando os disfraces para o entroido. Foi moi divertido pintar as follas no chan. 🎭



Aproveitamos os cartóns que sobraron para pintar neles. É unha maneira de reutilizar e reciclar moi divertida! Quedaron uns debuxos estupendos!🎨


Tamén decoramos as fiestras con debuxos de inverno! Quedaron preciosas! 🖌


Ata pronto!

17 de feb. de 2022

INVESTIGAMOS SOBRE AS XOANIÑAS (AULA DOS PINGÜÍNS)

 Ola familias!!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración no proxecto, @s pequen@s están encantados con todo o material que temos no recanto do proxecto.






Estamos traballando moito sobre as xoaniñas. Coñecimos as súas partes do corpo, a súa alimentación, onde hibernan, o seu ciclo de vida...



Ata pronto!!

16 de feb. de 2022

ACTIVIDADES DE MÚSICA DO PROFE ROI

 Esta semana déixovos dous audios  ao alumnado confinado para que traballedes en casa coa música.

1

Esta canción ímola ver na clase en relación ao Entroido, imos aprender unha coreografía, podedes ir véndoa:

https://drive.google.com/file/d/16GojQFMzP1-s6iMv4o1NJSl3JjPW-It0/view?usp=sharing

2

Esta é a canción que estamos aprendendo en clase para o Entroido:

https://www.youtube.com/watch?v=Xw8S_4qARGo

Recordade que podedes repasar os vídeos que vose enviei a semana pasada así como as distintas cancións de clase: “Canción dos dedos da man”, “Tres parrulos brancos”, “Caimanciño”, “Eu perdín meu zapatiño”, “A castaña Toniña”...

Un saúdo

Roi.


15 de feb. de 2022

PROPOSTAS PARA OS CROCODILOS (SEMANA DO 15 O 18 DE FEBREIRO)

 

Ola crocodilos!

Hoxe traíovos algunhas cousiñas para que fagades na vosa casa.

Primeiro, a ver se adiviñades esta palabriña secreta.


Na seguinte actividade tedes que atopar diferentes elementos na vosa casiña. Así que, abride ben os ollos e a buscar!



Agora podedes facer clic na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=OczEHXRU9WU&t=4s e visualizar un corto sobre a amizade. Espero que vos guste!



Cando finalicedes o corto facede un debuxo do que máis vos gustou.

Unha aperta grande meus crocodilos 😊 😊





13 de feb. de 2022

O NOSO PROXECTO: AS XOANIÑAS

Boas familias! Nesta entrada gustaríame que vísedes as cousiñas que están aprendendo os crocodilos sobre as xoaniñas.

Na asemblea coñecimos como é o ciclo de vida dunha xoaniña, e aprendemos novo vocabulario: ovos, larva, pupa e xoaniña. Ademais, ordeamos as diferentes partes do corpo da xoaniña. 

Unha vez que aprendemos o ciclo de vida da xoaniña, preparamos o noso lapbook, Comezamos facendo unha adiviñanza, descubrindo a palabra XOANIÑA. Despois recortamos as partes do seu ciclo de vida, ordenámolas e escribimos o seu nome. Canto traballamos!




Por último, quero dar as gracias os crocodilos que trouxeron cousiñas para decorar o noso recanto do proxecto. Está quedando moi fermoso! Gracias por compartir 💗


Unha aperta moi grande!!😘😘




NOVAS DOS CROCODILOS

 

Ola familias! Hoxe móstrovos cousiñas que fixeron os crocodilos nestas últimas semanas.

Estivemos facendo cousiñas relacionadas ca lóxica matemática como por exemplo atopar o elemento que está noutra posición, colorear diferentes formas ata crear un elefante, simetrías, un memory…




Tamén realizamos actividades relacionadas ca serie numérica, a grafía dos números, xogaron co dado, contamos xoaniñas… Ademais, os crocodilos estaban moi motivados e motivadas cas sumas, así que na asemblea fixemos algunhas sumas sinxelas.





Nestas semanas os crocodilos escribiron moitísimo. Fixemos listas da compra, escribiron palabras relacionadas co inverno, os nomes dos nenos e das nenas que faltan, o día da semana… Ademais, esta semana temos algo novo na aula… OS NOSOS NOMES EN MINÚSCULA! Os crocodilos estaban tan motivados que comezaron a escribir letriñas e os nomes dos seus compañeiros/as.






Como xa sabedes, os crocodilos están encantados/as co supermercado que temos na aula. Fan listas da compra, mercan productos para elaborar as suas receitas, crean picnics, ceas… Ademais, na aula temos un mandil para o neno ou a nena que é o caxeiro/a, que fermosos/as están!



Na hora de ler soemos facer cousiñas diferentes. Uns días contamos historias con marionetas, outros a mestra lenos contos, visualizamos diferentes contos e libros que temos na aula... Esta semana inventamos unha historia a partir de debuxos que fixeron os nenos e as nenas, e este foi o resultado.



Finalmente, gustaríame mostrarvos o día que fumos a horta. O mestre Roi explicounos o funcionamento do composteiro e vimos os alimentos que podemos incorporar nel. Tamén entramos no invernadoiro, e prantamos berzas. Así que, agora unha vez a semana temos que ir a horta a regar as nosas berzas 😊





Ata aquí todo por hoxe. Vémonos pronto!

PROPOSTAS DO 14 AO 18 DE FEBREIRO. XOANIÑAS E BOLBORETAS

SAL DE CORES: Propoñémosvos unha actividade moi divertida e orixinal que encántalle facer ós nenos/as: tinxir sal de cores. Para iso colocamos dentro dunha bolsa de plástico con peche hermético un pouco de sal mariña, agregando unhas gotas de colorante alimenticio no interior e axitamos ben a bolsa para asegurarnos de que a sal empape ben o colorante. (poderíamos substituír o colorante por xizs de cores raiadas). Despois procedemos da mesma maneira con outros puñados de sal e distintos colorantes. Finalmente imos botando a sal tinxida nunha botella de cristal formando capas de distintos cores. Mirade que bonita queda!
PINTAMOS CON PALLIIÑAS: Se queredes pasar un rato divertido fomentando a creatividade e tamén un xesto tan importante como o sopro, podedes pintar cunha palliña introducindo nun dos seus extremos un pouco de pintura líquida e facendo que sopren amodiño para expandir a pintura e crear figuras como estas… A soprar!
CÓMO FACER UN XOGO DE MEMORIA CON MATERIAL DE REFUGALLO: Os xogos de memoria son xeniais para os nenos/as, primeiro porque, como o seu propio nome indica, exercitan a memoria; segundo, porque pásano en grande; e, terceiro, porque teñen distintas vantaxes como que os/as nenos/as gañan en memoria visual, melloran a concentración e atención e comezan a pensar máis rápido. Aquí podedes ver como crear de forma fácil e sinxela o voso propio xogo de memoria con material de refugallo.
TRABALLAMOS A ORIENTACIÓN ESPACIAL, AS FIGURAS XEOMÉTRICAS E AS CORES: Esta actividade consiste en crear un cadro de dobre entrada diferenciando cor e forma. Podemos facelo con cartón o cartolinas de cores. Os nenos/as peques deben colocar cada figura no seu sitio correspondente. Aproveitamos para verbalizar o nome das figuras xeométricas básicas (Círculo, Cadrado e Triángulo).
BAILAMOS O SON DE “MARÍA FUMAÇA”. ”LÚA”: E que mellor que mover o esqueleto ó son de María Fumaça? Animádevos a enviarnos un vídeo para ver o ben que o facedes!
BOA SEMANA, MOITOS BICOS!

11 de feb. de 2022

Os leóns teñen novas sobre as xoaniñas!

 Ola a todos e a todas! 


Estes días traballamos moitísimo no proxecto! Fixemos unha adiviña para escribir o nome de xoaniña, aprendimos como é o ciclo deste bichiño e debuxamos cada un a súa. 




Tamén fixemos no chan con diferentes elementos da natureza as xoaniñas, contamos as pezas do debuxo e comparamos qué equipo empregou máis.



A sorpresa foi atopar unha xoaniña no patio! Descubrimos que voan dende o dedo máis grande, pois sempre buscan o punto máis alto para despegar! 


Cantas cusas novas sabemos!

Ata pronto!



7 de feb. de 2022

MÁIS ACTIVIDADES DOS PINGÜÍNS (AULA DE 4 ANOS A)

 Ola de novo familias!!

Quería mostrarvos tamén unhas actividades que están a facer os vosos pequen@s coa profe Lucía.

En primeiro lugar, móstrovos unha actividade que fixeron en clase de psicomotricidade, na que traballaron algunhas posturas de Ioga. Mirade que ben o fan!!




Cando vén a profe Lucía á aula, realizamos con ela un obradoiro de matemáticas manipulativas. Canto estamos a aprender!


Ata pronto familias!!😊