Ola mamás e papás lebrade que este martes 20 de Xaneiro ás 16:00 horas temos a reunión do 2º trimestre. Despois da reunión ás 17:00 horas no salón de actos do colexio haberá unha charla sobre "normas e límites" . Creo que é interesante a vosa asistencia.
Laura
18 de xan. de 2015
16 de xan. de 2015
AGASALLOS DOS REIS MAGOS
Á volta de Nadal tivemos unha supersorpresa. Na casa de Inés os reis magos trouxeron agasallos para os trasnos , "MOITOS CONTOS PARA A CLASE". Moitísimas gracias Reis Magos por facer posible a noite máis máxica do ano.
Ademáis Inés e a súa mamá Emma nos enviaron unha postal de nadal tradicional para as profes do cole. Canto traballo na casa de Inés!!!
Laura
INICIO DO PROXECTO
Á volta das vacacións de Nadal iniciamos o proxecto deste curso "as mans".Comezamos este mes coñecendo o que saben os nenos e nenas de 3 anos sobre este tema e comentamos as cousas que íamos aprender co proxecto. Aquí tedes as primeiras actividades que fixemos.
Laura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)