25 de maio de 2022

PROXECTO: ANIMAIS DA HORTA

Como xa sabedes neste terceiro trimestre estamos a investigar e aprender sobre os caracois, os ourizos e as toupiñas, eses pequenos animais que conviven con nós nas nosas hortas. E, coma sempre, isto non sería posible sen a colaboración das familias. Mirade todas as achegas e o completo que está a quedar o noso recanto do proxecto:


Tamén, xa que tivemos a oportunidade de ter con nós a estes pequenos animais decidimos facer unha carreira de caracois non sen antes poñerlles un nome a cada un e, unha vez concluído o exercicio, devolvelos ao seu hábitat natural.


Moitas grazas familias, Sen vós, todo isto non sería posible.


24 de maio de 2022

NOVAS DAS XOANIÑAS

DÍA DO LIBRO

É evidente que na nosa clase os contos están presentes no día a día por iso non podíamos pasar esta oportunidade de celebrar o Día do Libro traendo os nosos contos favoritos á aula e gozando da súa lectura. Ademais, como podedes apreciar, calquera momento e bo para gozar dun conto.


VERMES DE SEDA

Unha vez máis os nenos e nenas puideron aprender e gozar dunha actividade tan especial grazas as súas familias. Grazas aos vosos coidados diarios os nosos vermes puideron finalizar con éxito todo o seu ciclo vital e convertirse en pequenas bolboretas.

GRAZAS FAMILIAS!

(Mención especial para a familia de Mateo que foron voluntarios para facerse cargo deles duranto o período das vacacións de Semana Santa e tamén polo voso traballo de documentación grazas ao cal os nenos/as puideron ver o que pasou durante ese días).


LETRAS GALEGAS

O 11 de maio esiveron no cole "Os Terribles de Donas", unha formación musical coa que gozamos dun bo rato de boa música e que marcou o inicio da celebración das Letras Galegas no noso cole,


Apétecevos un pouco de música? Pois veña, a cantar a a bailar:


Loxicamente, tamén houbo tempo para coñecer e traballar un pouquiño sobre o homenaxeado deste ano: Florencio Delgado Gurriarán.


ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE

Coa chegada do bo tempo non podíamos perder a oportunidade de levar a cabo máis actividades ao aire libre. Non perdades detalle:












22 de maio de 2022

NOVAS DAS BOLBORETAS!


Ola familias!:

Deixámosvos por aquí algunhas das últimas actividades da aula das Bolboretas

FINAL DO CICLO DA VIDA DAS NOSAS EIRUGAS

As nosas eirugas fixeron o seu casulo de seda para por fin converterse en Bolboretas! Tivemos a sorte de ver como saían e poñían os ovos; é un proceso incrible! A próxima primavera poderemos desfrutalo de novo pois puxeron moitos ovos!

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril, co gallo da conmemoración do Día do Libro, as nosas familias mandáronos o noso conto favorito para que puidésemos gozar da súa lectura ó aire libre.

INVESTIGAMOS SOBRE OS CARACOIS

Neste último trimestre estamos coñecendo máis bechos da horta, grazas como sempre as aportacións das familias para o noso recuncho de investigación, e aproveitando que a familia de Lois trouxo a clase uns caracois, decidimos investigar sobre eles; o primeiro que fixemos foi buscar que precisan para vivir (terra húmida e comida como leituga, fresas, mazás…), así que puxémonos mans á obra e fixémoslle unha casiña para poder observalos durante uns días.

Botámoslle terra, humedecémola un pouco e as nosas familias trouxéronos comida. Estamos converténdonos en verdadeiros/as expertos/as!


ACTIVIDADES Ó AIRE LIBRE

Coa chegada do bo tempo aproveitamos para facer moitas máis cousas ó aire libre:


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado mércores 11 de maio, estiveron na nosa escola "Os Terribles de Donas", unha formación de música tradicional que xa celebra o seu 50 aniversario, e coa que gozamos dun bonito concerto como pistoletazo á celebración do Día das Letras Galegas


Ademais coñecemos un pouquiño a obra e vida de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, homenaxeado deste ano.

ATA PRONTO!!