30 de mar. de 2014

As flores de Andy Warhol

Coa chegada da primavera coñecimos o estilo Pop Art co cadro "As flores" de Andy Warhol. Fixemos a nosa reprodución do cadro coa técnica de estampación.

PREPARAMOS A PORTADA PARA OS NOSOS TRABALLOS E FACEMOS UN CASTELO

Durante as últimas semanas estivemos preparando a portada do proxecto para os traballos do segundo trimestre e Andrea, a nai de Edgar nos axudou a facer unha maqueta de castelos que levamos para casa. Moitas grazas Andrea pola túa colaboración!!!!

CUMPLE DE MATEO

O día 17 de marzo, Mateo cumpriu 5 anos e nos trouxo unha impresionante tarta dun castelo para todos. Estaba boísima e todos quedamos abraiados coa sorpresa. Moitas felicidades Mateo!!!

16 de mar. de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o día da muller traballadora e os nenos e nenas de Educación Infantil o traballamos plasmando nun mural que temos no noso corredor as mulleres máis importantes da nosa vida. A nai de Sergio axudounos na realización desta actividade. Moitas grazas Tere!

INSTRUMENTOS MEDIEVAIS

Durante este trimestre estivemos aprendendo sobre os instrumentos típicos da Idade Media e os pais de Antía, Óscar Abalde, Alexandre e Iris nos axudaron a elaborar a nosa propia cítara medieval.

ACTIVIDADES DA ÚLTIMAS SEMANAS

Nas últimas semanas comezamos a traballar na nosa libreta e é unha actividade que lles encanta. Tamén estivemos traballando coa profe Patri e a mascota Elmo os hábitos saudabeis, preparando o almorzo, a comida, a merenda e cena para Elmo.

15 de mar. de 2014

MISIÓN. RESCATAR Á DAMA.


 




Entramos no castelo con moito medo, e cando vimos á bruxa, marabillámonos co seu cabelo.

Enganámola coa nosa tarta envelenada. Arañas serpes e ratos durmíronna, e caeu desmaiada.


Os mais valentes conseguiron a chave das mazmorras. O cabaleiro nos guiou polo castelo , para rescatar á dama de longo cabelo. Despois puidemos observar, o lugar onde a dama tivo que descansar. Moito tempo tivo que pasar , ata que a puidemos recatar.

VISITA AO CASTELO DE SOTOMAIOR. FOTOS.5 ANOS

PREPARANDO A TARTA ENVENENADA. 4 E 5 ANOS.

Para poder enganar á bruxa fixemos unha tarta con ingredientes deliciosos para ela como arañas, serpes, ratos....O que non sabía a bruxa é que antes de adornala coas súas golosinas preferidas... Puxémoslle veneno !!!

DÍA DA MULLER TRABALLADORA. 5 ANOS

Para commemorar o día da muller traballadora os alumnos e alumnas de educación infantil elaboramos un mural coas mulleres importates da nosa vida. Contamos coa colaboración da mamá de Isaac que nos axudou a elaborar este traballo cos nenos e nenas de 5 anos. Laura.

MAMÁ DE BELTRÁN. 5 ANOS

Fai unha semana a mamá de Beltrán axudounos a facer un laúd para cada neno e nena de 5 anos, foi moi traballoso pero veu a pena. Laura.

PAPÁ DE MENCÍA. 5 ANOS

O pirata Pata de Lata sumerxiunos nunha divertidísima aventura. Gracias Marcos pola poesía tan marabillosa que nos regalaches a clase de 5 anos. Laura

MAMÁ DE LEYRE

Para ambientar a nosa aula coa chegada do entroido a mamá de Leyre preparou unhas caretas. E para merendar trouxo un postre típico desta data. Unhas deliciosas filloas. Laura.

PAI DE IVÁN. 5 ANOS

O papá de Iván lembrounos a metamorfose das eirugas. Esperamos ter outro máis as eirugas na nosa clase. Laura.

AVOA DE MARÍA

Hai uns días, a avoa de María explicounos cómo escoitaba ela os contos na radio cando era pequena. Foi moi interesante. Laura.

MAMÁ DE CORAL

Fai unhas semanas tivemos a visita dun familiar do Rato Pérez. A mamá de Coral !!

ACTIVIDADES DA SEMANA. 5 ANOS

Éstas son as últimas actividades feitas cos nenos e nenas nas últimas semanas. Laura.

POR FIN RESCATAMOS Á DAMA DO CASTELO!

O venres 14 de marzo foi un día moi especial para os nosos cativos e cativas de 4 e 5 anos. O luns pasado recibíamos un pergamino do Bufón Real no que nos anunciaba que o castelo estaba no Monte Viso e nos enviaba unha imaxe do castelo de Soutomaior que todos recoñecimos ao instante. Estabamos ilusionadísimos coa misión que se nos encomendara e fixemos un plan: decidimos disfrazarnos de bruxas e bruxos para facernos pasar por aprendices de bruxos e facernos amigos e amigas da bruxa Patuja. Tamén fixemos unha tarta á que lle botamos veneno e a tapamos con moitas cousas que lle gustan a bruxa (serpes, arañas, lagartos, patas de ratón...) tiña una pinta deliciosa e estabamos seguros de que a Bruxa Patuja caería na nosa trampa. E así foi, cando chegamos ao castelo de Soutomaior, a bruxa Patuja nos esperaba con ledicia, probou a nosa tarta e o veneno foi letal, porque a bruxa caíu desmaiada ao instante!!!! E conseguimos arrebatarlle a chave da mazmorra O cabaleiro que presenciou todo dende o balcón do castelo, baixou a recibirnos e nos levou a torre onde estaba encerrada a Dama. Estabamos moi ledos ao ver a Dama e ao Cabaleiro por fin xuntos e por poder acadar con éxito a nosa misión; xa que só os nenos e nenas valientes de 4 e 5 anos poden crer en misión imposibles coma esta. Moitas grazas a todos aqueles que fixeron desta misión, un momento máxico que quedará grabado nas nosas memorias para sempre

1 de mar. de 2014

Conto de Caillou monta en bicicleta

O Pai de Edgar visitounos para contarnos o conto de Caillou monta en bicicleta e logo fixemos un debuxo que quixemos levar a nosa casa Moitas grazas Gerardo pola túa colaboración