Amosando publicacións coa etiqueta OS TRASNOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OS TRASNOS. Amosar todas as publicacións

5 de nov. de 2015

TRASNOS

Esta primeira semana de Novembro recollimos a decoración do Samaín, preparamos o xogo da festa do Magosto coa profe Luci, e fixemos unha FESTA DE NÉMEROS. Laura

28 de abr. de 2015

PARABÉNS NOELIA!! XA TES A CAROLINA PARA COMPARTIR OS TEUS MARABILLOSOS XOGOS XUNTAS. Laura

19 de abr. de 2015

ACTIVIDADES DA SEMANA

Éstas son as actividades que fixemos nestes últimos días. Esta semana levaron para casa un conto da biblioteca do cole. Animo ás familias a coller contos da biblioteca cos nenos e nenas polas tarde. Laura

SARA PROTAGONISTA

Fai uns días tivemos a visita da mamá de Sara Ruano. Fixo un traballo moi, moi elaborado e gracias a ela e ao tío Chito puidemos comprobar as diferencias que hai nas mans dos animais que coñecemos. Moitísimas gracias por vir á clase de 3 anos, e ensinarnos tantas cousas. LAura

12 de abr. de 2015

WE LIKE ENGLISH

Ola familias, aquí tedes as actividades que fan os nenos e nenas de 3 anos coa teacher Mónica. Laura

11 de abr. de 2015

ACTIVIDADES DA SEMANA

A partir desta semana teremos na clase unhas eirugas pequerrechas pero moi, moi larpeiras. Que se quedarán con nos ata que se convirtan en fermosas volvoretas.Coa chegada da primavera sucédense as aportacións dos nenos e nenas á clase dos trasnos. Moitas gracias a todos!!
Lémbrovos que o vindeiro martes imos facer unha pequena actividade na que plantaremos unha árbore no patio do colexio,  para que os nenos e nenas de 3 anos, teñan contacto coa natureza do seu entorno. Trátase dun simple acto ao que as familias están convidadas.

2 de abr. de 2015

VIDEOS DE ENTROIDO






Ola familias, gracias a familia de Izan podemos lembrar o día do entroido. Aquí tedes os vídeos que me facilitaron. Moitas gracias Puri! Laura

1 de abr. de 2015

IZAN PROTAGONISTA

O pasado xoves tivemos a visita da familia de Izan. Puri e Fernando convertiron a nosa clase nun gran laboratorio con 25 científicos e científicas, que puideron colaborar nun experimento de densidades que nos dixou a todos abraiados. Un dos experimentos máis lucido da semana dos experimentos do cole. Moitísimas gracias pola vosa colaboración. Laura

DIPLOMAS FAMILIAS

O venres recibimos a visitas das familias dos protagonistas da clase nas últimas semanas.Laura

ACTIVIDADES DE MARZO

Estas son as actividades que fixemos nos derradeiros días de MArzo. Laura
Ola familias, a pasada semana tiven os mellores agasallos de benvida ao cole por parte de Inés e Izan que souberon emocionarme dunha forma moi, moi especial... O recibimento por parte de todos foi estupendo. Moitísimas gracias. Laura.

20 de mar. de 2015

FAMILIA DE NOELIA

Ola familias, o pasado xoves a clase tivo a visita da familia de Noelia. María, Pablo e Noelia continuando co traballo iniciado por Ánxeles, deleitaron á clase cunha fermosa poesía do "Abezoo" en linguaxe de signos (La Granja de los sonidos) . Fixeron unha representación de varios animais nun teatro de sombras para que os nenos e nenas xogaran a adiviñalos. Tamén ensinaron as iniciais dos nomes dos compañeiros en linguaxe de Signos, e agasallaron aos nenos e nenas cunha tarxeta co abcedario en L.S. para practicar nas casas. Moitas gracias Familia!! Laura

11 de mar. de 2015

QUIQUE PROTAGONISTA DA SEMANA.

Ola familias, coa aportación das fotos que fai a profe Ánxeles aos nenos e nenas de 3 anos, nos próximos días iremos actualizando o blogue. Sei que quedan visitas do mes de xaneiro que ainda están sen poñer, pero irei pouco a pouco localizando as fotos atrasadas. Aquí tedes a visita dos pais de Quique que fixeron de contacontos!! Moitas gracias por colaborar coa clase. Laura

1 de feb. de 2015

ACTIVIDADES DE AULA

Estas son as útimas actividades do mes de Xaneiro. Laura

CUMPLES ÉRIKA E NAIRA

Parabéns Érika, Naira e Alan. Os tres irmáns no mesmo mes!! Laura

LAINA

Ola familias, o pasado luns tivemos a visita de Laina, a irmanciña de Athenea, que moi orgullosa nos presentou. Aproveitamos para ver as mans dun recién nacido, pequenas e suaves. Moitas gracias a Familia de Athenea por compartir os primeiros momentos de Laina coa clase. Laura.