17 de mar. de 2020

PROPOSTA LÓXICO MATEMÁTICA PARA ESTES DÍAS


 
     PROPOSTAS  LÓXICO-MATEMÁTICA PARA
                           ESTES DÍAS

3 ANOS:

- Trasvasar  elementos ( area, feixóns, garavanzos…) en diferentes recipientes e ver se quedan cheos, baleiros, con cantas  culleres se encheu o recipiente… e recoñecer  despois o número escrito nunhas tarxetiñas feitas con folio.

- Facer series con tapóns, cortizas, pinturas… de distintas cores e tamaños.

- Conteo (1-6) . Por exemplo:  en vasos de iogur, arroz, compotas… poñerlle un nº  a cada vaso, cun rotulador,  e eles teñen que meter, por exemplo boliñas feitas de papel. dentro esa cantidade.

- Darlle os vasos anteriores desordenados e eles que ordenen a serie do 1-6.

- Pedirlle que collan o vaso co nº ( 5, 4….).

-  Xogo da manopla: calcamos 2 mans do neno , recortamos . Cun dado lanzado vemos que puntiños saen , os contamos e poñemos na manopla tantas pinzas da roupa como puntiños saen.

- Crebacabezas: poden ser os que teñamos na casa ou feitos: nun folio ou medio folio facemos un debuxo e logo cortámolo en tres ou catro tiras poñéndolle abaixo ( como unha pestana) o nº que lle corresponda recortar e xa temos o crebacabezas fixándonos no nº para armalo.

- Construír torres con pezas e vasos de iogur.

- Buscar formas na nosa casa ( círculos, cadrados, triángulos)



4 ANOS:

- Conteo  1- 1.Poñer vasos  de iogur ou plásticos  os números do 1 ata o 10…. Facer boliñas de papel  e meter tantas boliñas como o número do vaso.

- Os vasos anteriores desordenados ordenalos  do 1 ata o 10… e ao revés do 10… ata o 1.

- Discriminación numéricas dáme o vaso que ten o nº….

- Series con tapóns de distintos tamaños, cores… con froitas….

- Buscar formas na nosa casa ( círculos, cadrados, triángulos, rectángulos).

- Memoris  de formas e números  ( que podemos facer  con pequenas tarxetiñas de papel, se non temos. Debuxándoos).

- Xogo con música . Poñer varias tarxetas con números no chan , poñer música cando pare dicir un número e poñerse enriba.

5 ANOS:

-  Escribir os números do 1- 20 e do 20-1.

- Escribir a recta numérica do 1-20  en separación e tapar con tapóns ou un anaco de papel, por exemplo os números impares , e teñen que dicir que número falta.

- Nesa mesma recta dicir o número anterior e posterior de un escollido.

- Na mesma recta dar  o nº de saltiños que saia nun dado , situados nun nº, cun tapón e  tanto para diante como para atrás e dicir en que nº nos situamos.

- Dominós, parchís, oca.
 Resultado de imagen de IMAGEN NIÑOS JUGANDO CON NUMERO

Ningún comentario:

Publicar un comentario