30 de nov. de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

 BOAS CROCODILOS E LEÓNS, XA ESTAMOS DE VOLTA POR ESTA FIESTRIÑA QUE NOS ACHEGA OS FOGARES DE TODOS OS NOSOS CATIVOS/AS...

 DE VEZ EN CANDO SUBIREMOS ALGUNHA FOTIÑO PARA QUE VEXADES OS GRANDES AVANCES E FERMOSAS ACTIVIDADES QUE OS PEQUES DESCUBREN CADA DÍA. 


A MANIPULACIÓN E VIVENCIACIÓN É UNHA DAS NOSAS RUTINAS, POIS OS CATIVOS APRENDEN SEGÚN O SEU PROPIO DESCUBRIMENTO ... 





CREAMOS E MANIPULAMOS PARA LOGO DISFRUTAR XOGANDO



TAMÉN DISFRUTAMOS COAS ACTIVIDADES O AIRE LIBRE



PERO SEN DÚBIDA TAMÉN TRABALLAMO ARREO ASENTANDO OS NOSOS COÑECEMENTOS PREVIOS COMA SEMPRE A TRAVÉS DO XOGO, O NOSO MAIOR ALIADO






24 de nov. de 2020

O OUTONO NA CLASE DOS DRAGÓNS

 Queridas familias, os cativos e cativas de tres anos B, estamos a traballar o outono e queremos compartir con vós o noso traballo.






22 de nov. de 2020

BENVIDOS A UNHA NOVA ANDAINA

 Prezadas familias:

Este ano comezamos o curso con moitos cambios na organización do centro, que tamén influíron  nas rutinas das aulas dos nosos pequenos.

As profes de infantil continuamos con moito esforzo e ilusión o noso traballo, disfrutando do que máis nos gusta que é compartir o  tempo cos vosos cativos e cativas.

Queremos intercambiar con vós as nosas aprendizaxes e experiencias xuntos, e por isto invitámosvos a seguir o blogue.

Vémonos nos vindeiros días!!

Moitos bicos!!

6 de nov. de 2020

FOTOS CROCODILOS

 Hoxe preséntovos as fotos dos traballos que os crocodilos fixeron esta semana



























PESCA

 Hoxe propóñovos un reto:

Trataremos de pescar tapóns empregando dous pauciños


E para ambientar a actividade podedes escoitar a canción de Magín Blanco "Peixiños deo Mar"



5 de nov. de 2020

"O CARACOL"

Ola familias! 

Hoxe propoñémosvos comezar a mañá con música e baile, concretamente coa canción "O Caracol" de Pirilampo.

https://youtu.be/S7TYu6nwZBU


As actividades que vos presentamos están feitas con garavanzos, aínda que podedes susbstituílos por outras legumes.


En primeiro lugar escribimos nunha oveira os números e iremos colocando os garavanzos indicados en cada oco, podemos empregar unha culler ou unha pinza de xeo para facelo.








Tamén podemos empregar os garavanzos para escribir o nome, facer debuxos, ou combinalos con outros elementos creando series.




Finalmente podemos facer un caracol empregando garavanzos e outros elementos para decoralo.

4 de nov. de 2020

"ESTO BAILASE ASI"

 Hoxe suxírovos cantar e, o máis importante, bailar esta canción de "Uxía Lambona e a Banda Molona"



Despois propóñovos facer un debuxo, para o que podedes recortar de revistas ou xornais, cabezas e diferentes partes do corpo e pegalas nun folio debuxando o que falta.



3 de nov. de 2020

PINZAS


 Hoxe propóñovos varios exercicios de lóxico-matemática con pinzas:

    -No primeiro debemos de formar unha serie seguindo un patrón dado:




   - As outras dúas actividades son de conteo e nelas temos que colocar o número de pinzas que se nos indique:








2 de nov. de 2020

BENVIDOS AO CURSO 2020- 2021 DRAGÓNS E PINGÜINS

Hola a todos os cativiños/as novos da escola este será o noso novo espazo para compartir propostas, imaxes, recuros e  momentos únicos!

FESTA DE SAMAÍN


Estas son as imaxes da  nosa festa de Samaín virtual, moitas grazas polas vosas fotografías "terrofícas"