21 de maio de 2014

NENOS E NENAS DE 5 ANOS.FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Pechade os ollos, e volvédeos abrir.Transportarédesvos, a unha Verona xentil.

NENOS E NENAS DE 4 ANOS. FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

A continuación ímosnos adentrar na época medieval, con este baile que fixeron os nenos e nenas de 4 e 5 anos. Fixeronno sensacional!!!

14 de maio de 2014

OS XIRASOLES DE VAN GOGH

Fai unhas semanas coñecimos o cadro dos xirasoles de Van Gogh. Fixemos unha reproducción do cadro e aprendimos unha poesía!

VISITA DE SUSANA E AIMARA PARA AGASALLARNOS CUN CONTO NA HORA DE LER E HISTORIA DE ROMEO E XULIETA

Fai unhas semanas Susana, a irmá de Óscar Fidalgo e a súa amiga Aimara viñeron a contarnos un conto que nos encantou na hora de ler. Moitisimas gracias, o fixéchedes xenial!!! Tamén coñecimos a preciosa historia de Romeo e Xulieta, un clásico de Willian Shakespeare e que nos encantou. Cada neno e nena elaborou o seu conto que levaron para casa con moito orgullo, para ensinar e contar a súa familia.

11 de maio de 2014

CONTACONTOS

O pasado Luns os nenos e nenas de 4 anos puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos, na que nos divertimos un montón!!

UNHA HORA DE LER MOI ESPECIAL

A semana pasada tivemos a visita da irmán de Mateo, Lucía que xunto con outras compañeiras da súa clase (Alba, Silvia e MAra), nos viñeron a contar o conto de "Corre, corre, cabaciña"  Sabemos que traballaron e o prepararon un montón, por iso queremos agradecerlle o seu esforzo porque o resultado foi estupendo!!!

Moitisimas gracias!!!!! Un beso grande dos nenos e nenas da aula de 4 anos e da súa mestra