10 de dec. de 2021

XA CHEGA O NADAL!

 Ola Bolboretas! (4ºB de E.I)

Non queda nada para que chegue o Nadal! e para os/as que estades aínda na casiña propóñovos facer adornos para decorar o voso fogar ou a nosa aula se vos apetece. Aquí tedes algunhas ideas, pero podedes deixar voar a vosa imaxinación e sorprendernos!




Ademáis na aula estamos aprendendo a seguinte panxoliña, así que animádevos a cantala e aprender os xestos!

Espero que a próxima semana xa estemos todos xuntos/as, unha aperta moi forte!


https://youtu.be/9rLGYWVsHzo



3 de dec. de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

Ola meus crocodilos!

Qué rápido pasou a semana, verdade? Dentro de moi pouquiño xa podedes saír da vosa casiña, qué alegría! 😊

Hoxe é o último día da semana que vimos o cole… sabedes qué día é?

Comezamos contando as nosas pinzas!






Perfecto, asemblea lista!

Hoxe é o día internacional das persoas con discapacidade. Temos que ter en conta que todos e todas somos diferentes, e que a uns se lle da mellor unhas cousas ca outras. Por iso, debemos axudarnos entre nos e respetar todas as diferencias.

Propóñovos ver os seguintes recursos:

 “El cazo de Lorenzo”: https://www.youtube.com/watch?v=nSh_KGiYjqk










“Elmer” https://www.youtube.com/watch?v=7PiWJSyZhew



 

Espero que disfrutásedes tanto coma min vendo os curtos e o conto de Elmer 😊

Antes de rematar o día, qué vos parece se adiviñades estas palabras que están ocultas? Para adiviñar as palabras tedes que escribir a inicial de cada debuxo.



Por último, se vos apetece podedes facer un debuxo sobre o que máis vos gustou dun dos vídeos que visualizáchedes, é dicir, sobre “El cazo de Lorenzo”, “El regalo” ou sobre “Elmer”.

 Disfrutade moito meus crocodilos!

Agora sí que vos podo dicir que… VÉMONOS DENTRO DE MOI POUCO!

Un bico moi grande! 😊



2 de dec. de 2021

Achégase o nadal!

 

Ola ola crocodilos!

Xa queda menos para que poidades saír da casiña, que ben!! Sabedes qué día é hoxe? Eu xa movín as nosas pinzas para que as contedes, e así saibades en qué día nos atopamos.

 Así que… comezamos a asemblea!!








Asemblea lista! 👍

Como xa sabedes, dentro de moi pouquiño é navidade!! 😊 Así que, ocurriuseme unha idea.

A nosa aula todavía non está decorada do nadal, faltan un montón de adornos… 

Qué vos parece se a decoramos entre todos e todas?

Propóñovos facer bonecos con rolos de papel. A idea é decorar os rolos de papel de algo característico do nadal (un reno, unha árbore, un papa Noel…) e poñerlle un nome. Móstrovos un exemplo:





O próximo día que veñades a aula acordarvos de traelos, e preparamos o noso recanto de nadal 😊

Estou segura de que coa vosa axuda a nosa aula vai quedar fermosa!!

Antes de irme, móstrovos unha ligazón da rima do outono de Laura Chubarovsky que escoitamos moitas veces na aula. 

Acórdadevos dela? Pois pinchade aquí: https://www.youtube.com/watch?v=bpKHkr8VnTM

Deica mañá crocodilos!

Quérovos moito 😊




1 de dec. de 2021

IDENTIFICAMOS AS EMOCIÓNS

 

Bos días meus crocodilos!

Xa vai quedando menos para que poidades saír da vosa casiña, un último empuxón! Estádelo facendo de marabilla 😊

Como cada día, volvo a subir unha fotiño da nosa asemblea para que a fagades na vosa casa.










Perfecto crocodilos! Xa sabedes no día e o mes que estamos hoxe.

Asemblea lista!


Acordádesvos do conto “O monstruo de cores” que vimos na aula? 

Póñovos un enlace dun vídeo para que o recordedes mellor

https://www.youtube.com/watch?v=oe-QKPIqKxo

Unha vez que miredes o vídeo, podedes facer esta actividade.

Na seguinte imaxe aparecen 5 situacións que nos provocan unha emoción. En qué bote pos cada situación? No bote da alegría, da tristeza, da calma, do medo ou da rabia?



Agora, escribe o número da situación e debuxa e colorea o seu carón o bote que sintes cando esa situación che ocorre. Unha vez que o debuxes, escribe o nome da emoción.

Isto é todo por hoxe!

Deica mañá meus crocodilos! 😊