31 de xan. de 2022

ACTIVIDADES PARA OS CROCODILOS (SEMANA DO 31 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO)

 Ola crocodilos! Xa estamos de volta por aquí, espero que esteades ben na casiña 😊

Hoxe traiovos varias actividades para que as fagades ao longo da semana. Alá imos!

Preséntovos esta sopa de letras, onde tedes que atopar as seguintes palabras: antenas, patas, cabeza e alas.

De quen serán esas partes?

Pois claro, das xoaniñas!!




Unha vez que atopes as palabras, propóñovos facer unha manualidade dunha xoaniña con materiais que teñades pola casa. Móstrovos un exemplo:




Unha vez que a teñades feita, podedes escribir as súas partes, e se vos apetece cando veñades o cole podemos decorar o noso recanto da oficina cas vosas xoaniñas. Vai quedar fermoso!

A seguinte actividade que vos propoño consiste en atarse os cordóns. Así que, collede un zapato ou tenis que teñades por casa e intentade atar os cordóns. 

Móstrovos uns vídeos para que vos sexa máis sinxelo, só tedes que premer nas seguintes ligazóns:

https://www.youtube.com/watch?v=Ma05YV2XLc8

https://www.youtube.com/watch?v=PL69Ph2prWo


 Na seguinte ligazón podedes visualizar o conto titulado “Monstruo rosa”

https://www.youtube.com/watch?v=AljPBaB5I4A


Ao rematar facede un debuxo do que máis vos gustou do conto 😊

E finalmente… a ver se conseguides descubrir esta adiviñanza!



Cando a descubrades podedes facer un debuxo desa palabra e escribir o seu nome.

Bo traballo crocodilos!

Mándovos un bico MOI GRANDE 😊



30 de xan. de 2022

PROPOSTAS DO 31 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO PARA AS XOANIÑAS E AS BOLBORETAS



E AGORA, APETÉCEVOS UN CONTIÑO E UNHA CANCIÓN? POIS COMO SABEMOS QUE COCORICO É DOS VOSOS FAVORITOS... AÍ VAI!


MOITO ÁNIMO, PEQUERRECHOS/AS! EN NADA XA ESTADES OUTRA VEZ NO COLE. SE QUEREDES, PODEDES ENVIARNOS FOTOS DOS VOSOS TRABALLIÑOS.
VÉMONOS AXIÑA!

 





27 de xan. de 2022

PROPOSTAS PARA O XOVES 27 E VENRES 28 DE XANEIRO




Ola familias, as profes seguimos pensando nos pequenos Leóns que están confinados, por iso queremos mandarvos moito ánimo e agardamos que todos o estedes pasando o mellor posible.
Ademáis propoñemos estas dúas actividades para axudarvos a pasar mellor estos días


 
Cando teñades o resultado das vosas deliciosas receitas, podedes enviarnos unha fotografía ao correo laura@ceipcastelaovigo.com para que todos as disfrutemos.

24 de xan. de 2022

PROPOSTAS PARA O MARTES E MÉRCORES DA SEMANA DO 24 - 28 DE XANEIRO!

 Queridas Familias!

Desde esta pequena fiestra que nos achega, queremos mandarvos moita luz. Se vos axuda para estes días, ofertamos as seguintes propostas: 

Podedes comezar o día cun saúdo ao sol, pois nos axuda a lembrar que ao igual que este astro, todos temos luz e calor para compartir: 



No cole estamos entusiasmados coa horta escolar, así como lle sucede a Balbina e a súa horta. Un conto cantado que nos achega unha grande artista musical: María Fumaça. E vos? Cultivades nas casas?





NÁMASTE!







23 de xan. de 2022

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO!

 Ola, ola, aquí estamos de novo 😊

Esta semana os crocodilos descubriron o proxecto deste trimestre… AS XOANIÑAS!

A primeira hora da mañá alguén nos deixou unha carta por debaixo da porta. Era unha carta da xoaniña Mimi! Esta xoaniña tan simpática decidiu esconder por toda a aula unhas pistas para adiviñar unha palabra secreta.



En cada sobre que os crocodilos atopaban había unha imaxe, e tiñan que buscar a letra pola que comezaba esa palabra.



Os crocodilos adiviñaron moi rápido tódalas pistas e descubriron a palabra! Unha vez que a descubriron, atoparon o tesouro…unhas xoaniñas de chocolate!



Os crocodilos comezaron a dicir qué saben das xoaniñas. Tamén visualizaron un vídeo sobre o seu ciclo de vida, e fixeron debuxos relacionados coas xoaniñas.




Na nosa aula faltaba decorar o noso recanto da oficiña, relacionado coas xoaniñas. Algúns crocodilos axudáronme a decoralo e así de fermoso quedou!




Ata aquí todo por hoxe! Vémonos pronto 😊

Unha aperta moi grande!


PROPOSTAS DO 24 AO 28 DE XANEIRO PARA AS XOANIÑAS E BOLBORETAS

 OLA DE NOVO!

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNHA SERIE DE PROPOSTAS E ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA POR SE QUEREDES FACER NA CASIÑA GOZANDO EN FAMILIA., ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!



    




QUE VOS PARECE SE FACEMOS UN POUCO DE IOGA? SE DEIXADES VOAR A VOSA IMAXINACIÓN CONSEGUIREDES VIAXAR A UN BOSQUE ENCANTADO COMO NO SEGUINTE VÍDEO:


"VIAJE AL BOSQUE ENCANTADO"


TAMÉN PODEMOS RELAXARNOS TUMBADOS/AS NO CHAN COS OLLOS PECHADOS ESCOITANDO ESTA FERMOSA CANCIÓN:


"LA NUBE"

E, PARA REMATAR, O VINDEIRO 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. QUE VOS PARECE SE COMEZAMOS A FESTEXALO BAILANDO AO RITMO DE MAMÁ CABRA? PODEDES FACER OS MOVEMENTOS QUE APARECEN NOS PICTOGRAMAS DO SEGUINTE VÍDEO OU BAILAR LIBREMENTE.


VÉMONOS AXIÑA! MOITOS BICOS!

PROPOSTAS AULAS 4 ANOS (SEMANA DO 24 AO 28 DE XANEIRO)

ALGÚNS TRABALLIÑOS DOS NOSOS PEQUEN@S. QUE BEN TRABALLAN!!!! :)

17 de xan. de 2022

PROPOSTAS PARA OS CROCODILOS (SEMANA DO 17 AO 21 DE XANEIRO)

Ola crocodilos! Espero que estedes ben na vosa casiña 😊

Hoxe traiovos varias propostas para que as fagades ao longo da semana.

Para comezar fíxenvos un crucigrama, xa que sodes uns expert@s cas letras! 😊



Unha vez que fagades o crucigrama, podedes facer unha receita que conteña un deses ingredientes.

Tamén podedes escribir os ingredientes da vosa receita, e así compartidela connosco. 

Mmmmmmm, seguro que vos sae boísima!


Na seguinte actividade tedes que ver un vídeo sobre o conto "Te quiero, casi siempre". So tedes que facer clic na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=DbZTHxyheXM 

Unha vez que finalicedes o conto, podedes facer un debuxo do que máis vos gustou. 




Agora pregúntovos, qué pode ser un cadrado? Pensádeo e debuxade algo que teña forma de cadrado. Móstrovos un exemplo 😊



E por último…, acordadesvos que as veces facemos ioga na nosa aula?  Pois hoxe móstrovos algunhas das posturas que xa practicamos no cole. Espero que o disfrutedes! 

https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog


 

Deica logo meus crocodilos! Mándovos moitos bicos!



16 de xan. de 2022

PROPOSTAS DO 17 AO 21 DE XANEIRO PARA AS XOANIÑAS E AS BOLBORETAS

 Ola nenos/as!

Aquí tedes algunhas propostas para esta semana para facer en familia. Agardamos que vos gusten!

Comezamos cuns poucos experimentos:


E agora, que tal un contiño? 



E para rematar, que vós parece un pouquiño de música? Pois veña, a bailaaaaaaar!



Vémonos axiña, pequerrechos/as! Se queredes, podedes enviarnos fotos destas actividades ao correo da aula para que os vosos/as compis poidan veros.

Moitos bicos!


AGASALLO DOS REIS MAGOS

 Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE NADAL ATOPAMOS UNHA SORPRESA NAS AULAS DE 3 ANOS. QUE SERÁ, QUE SERÁ?

AULA DAS XOANIÑAS (3 ANOS A)


AULA DAS BOLBORETAS (3 ANOS B)





PROPOSTAS DO 17 AO 21 DE XANEIRO AULAS DE 4 ANOS

MIRADE QUE BEN O PASA O NOSO LUCAS FACENDO UNHA RECEITA DE MADALENAS COA SÚA FAMILIA!!! :)