21 de xan. de 2014

Volta a rutina

Despois dunhas longas vacacións de Nadal, comezamos a semana celebrando o aniversario de Sean, que xa ten 4 anos. Aínda que o seu cumple foi o 18 de decembro, non puidemos celebralo porque estivo malito. ¡Moitas felicidades Sean! Durante estas últimas semanas despois das vacacións aprendimos varias poesías, a poesía dos "Bicos" e o romance de Antonio Machado "La plaza tiene una torre"

20 de xan. de 2014

TRABALLO DE AULA

Ola familias, éste foi o traballo que fixemos nos últimos días. Laura.

FAMILIA DE HUGO RODRÍGUEZ

Ola familias, fai uns días a mamá de Hugo trouxo ao cole unha toupiña que non sabía quen lle fixera " unha cagadiña" na súa cabeza. Entre todos os nenos e nenas de 5 anos logramos averiguar o autor daquel extraño suceso. Laura.

FAMILIA DE HUGO BRAÑA

Ola familias, á volta de nadal tivemos a visita do papá de Hugo. Presentounos ao gato Guille, e os nenos e nenas de 5 anos estiveron moi atentos aos sons que había pola súa casa.

4 de xan. de 2014