3 de abr. de 2023

DOCUMENTACIÓN 2º TRIMESTRE DRAGÓNS

 

Comezamos este trimestre coa visita dos AXUDANTES DE BIBLIOTECA que foron os nosos contacontos.





Celebramos o ENTROIDO disfrazándonos de homes e mulleres prehistóricos.


Recibimos a Uxía coa que aprendemos moitísimas cousas da HORTA



Fixemos unha SAÍDA AO MUSEO DO MAR de Vigo



E tamén disfrutamos do MUSEO TEMPORAL que instalamos no noso cole


Compartimos coas familias o DÍA DA POESÍA.


Tivemos a SEMANA DA PRENSA moi presente



Continuamos coas sesións de PSICOMOTRICIDADE

















DOCUMENTACIÓN 2º TRIMESTRE AULA DOS CARACOIS (3 ANOS A)

 Ola familias!!

Neste entrada poderedes visualizar un pequeno resumo do 2º trimestre na aula dos caracois. 

1. ASEMBLEA

Antes de nada, gustaríame falarvos das nosas asembleas. Ese momento no que os nenos/as se escoitan, contas as súas historias, coñecémonos e sobre todo, aprendemos. Este trimestre comezamos traballando as vogais. Primeiro vimos como eran esas letras, que forma tiñan e imaxes de palabras que comezaban por esa vogal. Despois os nenos/as as representábana a través do seu corpo e por último realizaron a grafía, neste caso con xices no chan.




2. INVERNO

Este trimestre empregamos como fío condutor o inverno para facer moitas propostas de aprendizaxe.

  • Neve artificial
Na aula dos caracois demos a benvida o inverno creando neve artificial. Desfrutamos un montón tocando as diferentes texturas, moldeándoa, facendo bonecos de neve, que ben o pasamos!
 

  • Propostas

Ao longo do trimestre os caracois fixeron diferentes propostas onde se traballan diferentes aspectos como a motricidade fina, a lóxica matemática, a atención, concentración...


  • Mesa sensorial

Na mesa sensorial hai diferentes materiais como pompóns azuis e brancos, bolas, cubos de madeira, pinzas, culleres de madeira, vasos, etc., ca finalidade de traballar a motricidade fina, a imaxinación e creatividade, as habilidades lingüísticas xa que os cativos/as manteñen numerosas conversacións, favorece a relaxación...


  • Mesa tuff tray

A mesa tuff tray é unha bandexa de plástico onde se dispoñen diferentes elementos, neste caso para levar a cabo un minimundo sobre o inverno.

Na mesa estaban situados dous círculos de diferentes tamaños, e ao seu carón varios recipientes que contiñan elementos de madeira. A finalidade é que os cativos formasen o seu minimundo con eses elementos que se lles proporcionaban. A algúns parecíalles un boneco de neve, a outros un oito, a outros non lle parecía nada... Os cativos deixaron fluír a súa imaxinación e comezaron a crear.


  • Mesa de luz

O efecto de luces e sombras resulta moi atractivo para os nenos/as, favorecendo o seu interese por realizar a actividade. A mesa de luz potencia a creatividade, a concentración, favorece a motricidade fina e o aprendizaxe...



3. PATIO VIVO E HORTA

Este trimestre os nenos de 3 anos coñeceron o patio vivo do cole. Neste patio os nenos están en contacto con elementos naturais e da vida real. Pásano xenial tirándose pola herba, facendo comidiñas, empregando os recipientes de cociña...

Temos a gran sorte de poder desfrutar da horta do cole e aprender moito sobre o crecemento das plantas, as súas partes, a súa alimentación...



4. SESIÓNS CA MESTRA LAURA

  • Lóxica matemática

Este trimestre comezamos a facer dous días á semana un desdobre para traballar cos nenos/as conceptos lóxico matemáticos ca mestra Laura. Todo manipulativo e a través do xogo continuamos a avanzar en conceptos que implican o coñecemento e uso dos números, así como habilidades coma o conteo ou as equivalencias.


  • Valores

Tras rematar o traballo sobre os contos de “Yo voy conmigo” e “Vacío”, comezamos a facer dinámicas de convivencia a partir do conto “El árbol de la amistad”. Os obxectivos principais que estamos a traballar están relacionados coa formación de relacións sociais positivas entre os neno/as do grupo e os compañeiros/as das outras aulas, xa que a nosa árbore da amizade tan só medrará con agarimo e palabras bonitas.



  • Psicomotricidade

Ademais de continuar con actividades que potencien o dominio do seu propio corpo, o equilibrio, estruturación espacial, coordinación.... (ENCÁNTALLES FACER CIRCUITOS E INVENTALOS), tamén tivemos tempo para coñecer moitos xogos populares que seguro as familias recoñeceredes, polo que ademais de aproximalos a cultura popular, traballamos o coñecemento e aceptación das normas dos distintos xogos.


  • Música

Neste trimestre traballamos con diferentes contos musicais, aprendemos as cancións e puxémoslle ritmo con instrumentos. Tamén xogos de emparellarse segundo o son que acordáramos para cada un, xogo das estatuas con diferentes temáticas, bailes por parellas e iniciámonos na escoita atenta de melodías que incitan diferentes sensacións.

5. ENTROIDO

No mes de febreiro celebramos no cole o Entroido, onde os nenos e as nenas do Castelo pasárono xenial. O último día fixemos un desfile por Navia e tivemos unha merendola con produtos típicos do Entroido. Que ben o pasamos!


6. CONMEMORACIÓNS

Ao longo do segundo trimestre traballamos na aula diferentes conmemoracións.  

O 30 de xaneiro tratamos na aula o día da paz, e os nenos/as decoraron o símbolo da paz. O 24 de febreiro traballamos o día de Rosalía de Castro, onde os caracois decoraron un puzle sobre a escritora mediante a técnica do puntillismo, e tamén visualizaron un vídeo dos Bolechas sobre a vida dela. O 8 de marzo os cativos/as coñeceron o significado do día da muller traballadora, e fixemos unha pequena actividade. O 21 de marzo traballamos o día da poesía a través do conto “Lúa”, onde os nenos e as nenas recitáronlle as familias o conto. Ademais, os caracois fixeron para as familias unhas galletas de manteiga boísimas.


Ata a próxima familias!

Mándovos unha aperta moi grande 😊

Paula.

1. 


31 de mar. de 2023

DOCUMENTACIÓN 2º TRIMESTRE 5 ANOS A

 Ola familias!!

Aquí tedes un pequeno resumo do noso segundo trimestre, onde podedes coñecer un pouquiño máis a realidade da nosa aula.

                       1.XOGO POR RECANTOS E PROPOSTAS DE APRENDIZAXE:

Como sabedes, o equipo de educación infantil non entende outra forma de aprender que a través do xogo, por iso, a circulación libre por recantos, é a base da nosa metodoloxía.





Además do xogo por recantos, este trimestre, contamos con diferentes propostas de aprendizaxe relacionadas co centro de interese do inverno:



                                            2.PROGRAMA COMUNICARNOS:

Seguimos traballando co programa "Comunicarnos", mediante o cal traballamos aspectos relacionados coa conciencia fonémica, conciencia silábica, conciencia léxica, memoria auditiva... Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e o futuro aprendizaxe da lectura e escritura.



                                                 3.ACTIVIDADES NA HORTA

Canto aprendemos e gozamos cas actividades que facemos con Uxía na horta!!


                                                 4.conmemoracións

Conmemoramos datas tan importantes como o "Día da Paz", onde fixemos un acto conxunto todo o colexio e traballamos esta data mediante o conto "El nacimiento del dragón". Tamén falamos dunha autora tan importante como Rosalía de Castro, fixemos un puzzle xigante co seu rostro e o decoramos. E por último, traballamos  "O día da Muller Traballadora", coñecendo a historia de varias mulleres: Celia Rivas (a primeira condutora de camións), Marcela e Elisa (a primeira voda entre mulleres), Irene Gónzalez (a primeira futbolista nun equipo masculino) e Ángeles Alvariño (a primeira científica nun buque de investigación internacional). Fomos os encargados e encargadas de facer un mural para Educación Infantil e Primaria. Quedounos moi bonito!!

Polo Día da Muller tamén fixemos un pequeno vídeo falando das nosas mulleres máis importantes.




                                                            Acceso ao video facendo clic na imaxe 


  5.ENTROIDO

Como cada ano, chegou unha das festas máis esperadas, O ENTROIDO!!! Que ben o pasamos :)


 Acceso ao albúm facendo clic na imaxe

                                                             6.SAÍDAS

Neste segundo trimestre fixemos unha saída ao museo do mar para aprender un pouquiño máis sobre a prehistoria.

                                                    Acceso ao video facendo clic na imaxe 
 

                                                  7.LÓXICO-MATEMÁTICA

Este trimestre seguimos a traballar en desdobre coa profe Laura conceptos lóxico matemáticos, todo manipulativo e a través do xogo continuamos a avanzar en conceptos que implican o coñecemento e uso dos números, así como habilidades coma o conteo ou as equivalencias. Rutinariamente facemos actividades en gran grupo nas que todos participamos, pero en ocasións prepáranse diferentes estacións de aprendizaxe.



8.PSICOMOTRICIDADE

Ademáis de continuar con actividades que potencien o dominio do seu propio corpo, o equilibrio, estructuración espacial, coordinación.... (ENCÁNTALLES FACER CIRCUITOS E INVENTALOS), tamén tivemos tempo para coñecer moitos xogos populares que seguro as familias recoñeceredes, polo que ademáis de aproximalos a cultura popular, traballamos o coñecemento e aceptación das normas dos distintos xogos.



9.MÚSICA

Neste trimestre traballamos con diferentes contos musicais, aprendimos as cancións e puxémoslle ritmo con instrumentos. Tamén xogos de emparrellarse según un son que acordáramos para cada un, xogo das estatuas con diferentes temáticas, bailes por parellas e iniciámonos na escoita atenta de melodías que incitan diferentes sensacións.



10.VALORES

Tras rematar o traballo sobre os contos de “Yo voy conmigo” e “Vacío”, comezamos a facer dinámicas de convivencia a partir do conto “El árbol de la amistad”. Os obxectivos principais que estamos a traballar están relacionados coa formación de relacións sociais positivas entre os neno/as do grupo e os compañeiros/as das outras aulas, xa que a nosa árbore da amizade tan só medrará con agarimo e palabras bonitas.














Seguimos traballando no proxecto, coñecendo as nosas emocións, traballando as letras a través do conto ABZOO, e moitas cousiñas máis que veredes ao final de curso...de momento ata aquí!!😊

Felices vacacións!!!!

DOCUMENTACIÓN 2º TRIMESTRE AULAS 4 ANOS (XOANIÑAS E BOLBORETAS)

Neste segundo trimestre a documentacón das aulas de 4 anos está enfocada ao noso proxecto da Prehistoria, o cal non sería posible sen a colaboración das nosas familias (lembrade clicar nas imaxes para ver todas as fotos):

MATERIAIS APORTADOS POLAS FAMILIAS

A partir destes e doutros materiais que van aparecendo na aula é cando xorde o interese dos cativos/as sobre a temática que estamos a traballar na aula. 


4 ANOS A


4 ANOS B

RECANTO DO PROXECTO

Con todos eses materiais créase o "recanto do proxecto" ao cal os nenos/as acuden libremente para investigar, descubrir, sacar conclusións... sobre o tema a traballar.


4 ANOS A 




4 ANOS B

PROPOSTAS DE XOGO E APRENDIZAXE

Como xa sabedes, as propostas de xogo e aprendizaxe son unha boa ferramenta para conectar aos cativos/as coas súas habilidades e potenciar os diferentes ámbitos de aprendizaxe. Neste segundo trimestre unha gran maioría das propostas estiveron relacionadas coa temática do proxecto.


4 ANOS A


4 ANOS B

EVOLUCIÓN DO HOME

Para iniciar o proxecto investigamos cos nenos e nenas sobre os nosos antepasados e a evolución do home ao longo do tempo.


4 ANOS A


4 ANOS B

ETAPAS DA PREHISTORIA

A través de tarxetas de imaxes e palabras distribuidas en diferentes sobres que se corresponden coas etapas da Prehistoria os nenos e nenas descubriron os acontecementos que marcaron cada unha desas etapas.



4 ANOS A



4 ANOS B

 DOSSIER SOBRE A PREHISTORIA

Coa elaboración de diferentes láminas desenvolvimos aspectos como a expresión artística, a lectoescrituta, a creatividade... ao mesmo tempo que se traballan diferentes contidos relacionados coa Prehistoria.


4 ANOS A

                            

4 ANOS B

OBRADOIROS PREHISTÓRICOS

Para aprender e vivenciar todo o que estamos aprendendo sobre a etapa da Prehistoria organizamos diferentes obradoiros que permitíronnos entender mellor cómo eran os homes e mulleres de esa época, as súas costumes e formas de vida.

Algúns dos talleres/actividades que fixemos coa axuda das familias foron as pinturas rupestres, o proceso de elaboración do lume, a construción dunha vivenda prehistórica, os cultivos...







4 ANOS A




4 ANOS B


Unha vez máis é preciso salientar que, para o correcto desenvolvemento dun proxecto, a colaboración das familias dentro da aula convértese nun aspecto fundamental para que o éxito estea asegurado.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!