23 de feb. de 2021

Martes de Conta - Contos: Pequeno Azul e Pequeno Amarelo!

OLA GRANXEIRAS E GRANXEIROS!

Que tal estades?? Hoxe como proposta podemos ver o conto: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO. De Leo Lionni (texto e ilustracións) Chema Heras e Pilar Martínez (tradución). Kalandraka. 

Teñades ou non o conto en formato libro podedes velo contado no seguinte vídeo:



FELIZ MARTES!!

22 de feb. de 2021

21 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA!

OLA GRANXEIRAS E GRANXEIROS!

Onte foi 21 de Febreiro, declarado como o Día Internacional da Lingua Materna pola Asamblea General de las Naciones Unidas.

Este día pon de manifesto que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión. Que vos parece se compartides a vosa palabra/expresión favorita na vosa lingua materna? Podedes envialas ao correo da aula e así poder montar un bonito collage cheo de inclusión. Como pistoletazo lanzo a miña:  




... FELIZ LUNS!


20 de feb. de 2021

O ENTROIDO DE 5 ANOS A!!

 ENTROIDO 2021

Aínda que pasamos o entroido nas nosas casas, as granxeiras e granxeiros non deixaron pasar ésta festividade, celebrada ao grande, á calor das súas casas. Grazas cativas e cativos polo voso entusiasmo, o voso tempo, sorisos e resilencia: de "ellos aprendí" dice la canción: XENIAIS




...SEGUIMOS!

19 de feb. de 2021

NOVAS NA NOSA ANDAÍNA!

 Xa andamos por aquí familias!

Éstas son algunhas das iniciativas que nos seguen guiando/acompañando na nosa andaína, pois éstes granxeir@s e dinosaurios non paran de explorar, vivenciar e, como non podería ser doutra maneira: XOGAR


O Inverno nas nosas mans: facemos NEVE!



Lectura Recomendada 
A nena que abrazaba as árbores!




(Se queres ver mais info, pincha no enlace)

https://alvarellos.info/tenda_catalogo.asp?id=236


O BACKSTAGE do ENTROIDO 2021



PROXECTO: A maxia das árbores!
Nesta ocasión, quixemos ensinarvos un dos nosos recursos estrela: os CONTOS. Nas aulas de 5 anos "ímos cheíños deles" liderando o recanto do noso proxecto. Grazas cativas, cativos, familias, biblio da Maga Tomasa... pois a riqueza compartida é a maxia da nosa rutina diaria.


... e máis petiscos da nosa realidade diaria:


... VÉMONOS NA PRÓXMA!!

Venres 19 Febreiro: PIÑEIRO!

 Ola Granxeiras e Granxeiros!

Hoxe é Venres 19 de Febreiro e toca: conta - contos na hora de ler... neste caso... a hora da escoita. A escoita activa, sen imaxes de por medio, activa as engranaxes da creatividade, pois imaxinamos e creamos as imaxes dun conto segundo a nosa propia experiencia.


(pincha na imaxe)

FELIZ VENRES!

18 de feb. de 2021

Xoves 18 Febreiro: MENSAXES BONITAS!

Ola Granxeiras e Granxeiros!

Hoxe é Xoves 18 de Febreiro e aínda que esteamos nas nosas casas, estamos xuntos. E para "sentirnos" todavía mais preto gustaríame mandarvos unha mensaxe ben agarimosaPrendemos estreliñas e... atentas e atentos:

MENSAXE SECRET con código de cor:





#palabrasfundamentais#mensaxebonita#querémosvosmoito#vémonos#

        
Feliz Xoves!!


16 de feb. de 2021

DE TROULA

Neste novo post queremos abrir una pequena fiestra de cara a que observedes como celebramos o noso particular ENTROIDO. 

Para elo tivemos a visita de unha nova amiga que chegou  o Castelao para axudarnos nas nosas aprendizaxes dunha forma innovadora e lúdica: LUPITA BOOT. 

Con esta nova ferramenta queremos involucrar os máis pequen@s na competencia dixital que agora é tan importante dentro da ensinanza de calidade. 

A través da robótica os nenos/as sacarán partido a habilidades como a direccionalidade (tan importante no proceso de anclaxe da  lecto-escritura) o conteo ( que axuda a nosa abstracción dentro da lóxica matemática) a atención e memoria ( para axudar a construír pensamentos) e como non, o aprendizaxe por descubrimento e ensaio- error. 

Nesta ocasión a clase dos Leóns tivo a gran oportunidade de descubrir e aprender con LUPITA BOOT os personaxes máis característicos do noso Entroido galego. 










Pero non queremos despedirnos sen antes mostrarvos o guapos/as que nos puxemos para celebrar por todo o alto o ENTROIDO na escola. 
¡¡¡¡Esperamos que o disfrutedes!!!!



AULA DOS LEÓNS 













AULA DOS CROCODILOS












NOVAS ACTIVIDADES

 Ola de novo familias!!

Neste novo mes os Crocodilos e os Leóns seguimos a reo traballando para potenciar as nosas habilidades e ir construíndo xuntiños os nosos aprendizaxes. 

Nesta ocasión queremos compartir con vós  unha pequena mostra de actividades que formaron parte da nosa pasada semana e coas cales os nosos cativos/as disfrutaron un montón. 








14 de feb. de 2021

ENTROIDO

 Ola familias!

Chegou o entroido, por fin a aula de 5 anos encheuse de pequenos trasnos dispostos a facer moitas trasnadas.

Foi un día moi especial no que rimos, xogamos, comemos cousas típicas do entroido, cantamos e bailamos moito!!

Déixovos un pequeno resumo da nosa semana de entroido.


FIXEMOS OS NOSOS ANTEFACES....






COLABORAMOS NA ELABORACIÓN DO NOSO DISFRACE DE TRASNOS...



MIRADE QUE TRASNIÑOS TAN GUAP@S!!!!





























QUE BEN BAILAN ESTES TRASNOS!!!!