8 de xan. de 2023

DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE DRAGÓNS

 Ola familias aquí tedes as actividades que fixemos no 1º trimestre de 5 anos.

ASAMBLEA

Nas asambleas da primeira hora da mañá os cativos teñen un espacio de reunión no que sentados facendo un círculo no chan  dialogan  entre eles.  Nas asambleas explicamos as rutinas( tan importantes en educación infantil) que imos levar a cabo durante a mañá , e continuamos coas tarefas asigandas ao engargado do día. Normalmente as titoras, potenciamos situacións de aprendizaxe para traballar aspectos da lectoescritura , e de conceptos matemáticos que lles interesan ao pequenos.


RECANTOS

No traballo por recantos os nenos e nenas coñecen as normas dos mesmos e as repectan cuidando os materiais para que todos poidan disfrutar dos xogos.
As actividades que se realizan nos recantos así como os materiais, están planificados tendo en conta os obxectivos que queremos alcanzar
Esta organización do traballo por recantos ten unha gran influenza no proceso de ensinanza- aprendizaxe, xa que  nos permite traballar diferentes actividades , tendo en conta o ritmo de aprendizaxe de cada neno e poder así potenciar ao máximo as súas capacidades.


TRABALLO DE MESA

 No traballo de mesa plantexamos actividades que requiren unha maior supervisión dos mestres. así como actividades de manualidades para traballar o trazo, a psicomotricidades fina, a coordinación óculo- manual, nas que  priman a atención e o esforzo individual .