30 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias! 

Xa estamos a piques de rematar coas participacións e nesta ocasión contamos coa investigación de Noé e a súa familia sobre a gran BATALLA DE RANDE, en busca do tesouro perdido!

(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Noé e a súa familia, fixeron unha ruta pola zona onde se loitou unha das grandes batallas de navíos na ría de Vigo, na ensenada da Illa de San Simón!

Grazas a un vídeo que fixeron da ruta, fóronnos explicando a ubicación da mesma, como se librou dita batalla, por onde entraron os navíos...e tamén contáronnos que todavía queda un tesouro agochado nas profundidades da ría: ENCANTOUNOS! Na ruta atoparon o Museo Meirande: centro de interpretación da Batalla de Rande: XENIAL!

(preme na imaxe para acceder a info)

Logo xogamos cun gran mural da batalla e os navíos, e ata atopamos o cofre do tesouro cheo de moedas de chocolate: QUE BEN O PASAMOS! 



Moitas grazas Noé e familia por un paseo tan xenial pola ría de Vigo, procuraremos atopar o tesouro agochado!
Vémonos na última participación familias💓! 





PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Chegamos a última participación vosa no noso tan querido proxecto de aula: Tí si que sabes a mar!

Nesta ocasión, Luca e a súa familia fixeron unha investigación con Ama sobre... OS POLBOS! Aprendimos que como animal invertebrado é dos mais intelixentes, ten 8 tentáculos e 3 corazóns: ENCANTOUNOS!


(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

A continuación, visualizamos un vídeo explicativos das características deste gran molusco e ata vimos un onde un pulpo saía dun bote! Logo fixemos un experimento representando como un polbo expulsa a tinta como medida de defensa, pois así dalle tempo a escapar da súa présa: QUE BEN O PASAMOS!



















Tras a experimentación, Luca e a súa familia agasalláronnos un polbo de gominola: GRAZAS!

Moitas grazas Luca e familia por aprendernos tanto sobre os polbos e como se defenden! 


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA CONSTANTE E DOCE PARTICIPACIÓN👏💖! 







29 de xuño de 2025

LAPBOOK DO PROXECTO DA AULA Á HORTA

Os Grilos e as Tartarugas plasmaron nun lapbook toda a información nova aprendida  sobre o proxecto anual " Da aula á horta" traballada durante este curso.









 

24 de xuño de 2025

DA AULA Á HORTA: PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Como peche do noso proxecto sobre a horta e as plantas, fixemos unha representación moi especial para explicar que necesitan as plantas para medrar fortes e sans.

Asi representamos os catro elementos da natureza que axudan ás plantas a medrar:

 Terra : a base onde sementamos as nosas sementes, chea de nutrientes.

 Auga : que rega as raíces e dá vida.

 Aire : que axuda ás plantas a respirar e moverse.

 Luz/Sol: a enerxía que permite ás plantas facer a fotosíntese.

Cada neno e nena converteuse nun deses elementos ou nunha parte da planta: raíces, talos, follas ou flores e contamos a historia do crecemento dunha planta dende a semente ata que florece.

Foi unha maneira fermosa de mostrar todo o que aprendemos sobre a natureza, a importancia de coidar as plantas… e tamén de traballar en equipo.

Aprendemos que a natureza é un conxunto no que todo está conectado e que cada elemento é esencial.




APRENDEMOS NA SABANA

O noso proxecto “pegadas da sabana” serviunos como fío condutor para aprender moitas cousas sobre os animais, os seus hábitats… e tamén para traballar os contidos de lectoescritura e matemáticas dun xeito motivador e significativo.

• Con letras formamos os  nomes dos animais da sabana e clasificámolos por número de sílabas.

• Fixemos descricións de animais (forma, cor, tamaño, como se desprazan…).

• Creamos adiviñas.

• Contamos  animais e comparamos tamaños.

• Fixemos series e clasificacións cos animais segundo o número de patas, o tamaño ou a velocidade.

O proxecto permitiunos aprender xogando e percorrer un camiño cheo de momentos de desfrute. 


CADERNO DE BITÁCORA

A aula das formigas e dos caracois  mergullámonos nun mundo cheo de misterios, cores e animais sorprendentes… o fondo do mar!

Durante este curso estivemos traballando no proxecto “Ti si que sabes… a mar!”, no que investigamos, observamos, xogamos e creamos arredor dos animais mariños.

Coñecemos peixes de todos os tamaños: polbos, estrelas de mar, cabaliños mariños, tartarugas, golfiños, baleas e moitos máis. Aprendemos onde viven, como respiran, que comen e como debemos coidar os océanos para que sigan sendo o seu fogar.

Como verdadeiros mariñeiros, fixemos un caderno de bitácora, no que fomos anotando todo o que descubrimos durante esta gran aventura.

 



A MALETA DA SABANA

A nosa viaxe pola sabana: animais e exploradores! 

Durante este curso, a aula das xirafas e dos elefantes viaxamos pola Sabana Africana  convertíndonos en auténticos exploradores/as. Asi puidemos coñecer o ecosistema africano a través de contos, vídeos, xogos e actividades artísticas.  Descubrimos como son os seus animais, onde viven, que comen e moitas curiosidades máis.

Cada neno e nena preparou un dossier no que incluímos:

• Localización de África e ecosistemas principais: deserto, sabana e selva.

• Montaña máis alta (Kilimanjaro), tribus africanas (os masais) e árbores máis características (os baobas).

• Fichas con información de animais como o elefante, o león, a xirafa, a cebra, o avestruz…

• Características principais dos animais que investigamos:  alimentación, hábitat, pelaxe e depredadores…


Para gardar todo este traballo fixemos unha maleta de explorador/a, decorada por cada alumno/a, coma se fósemos auténticos aventureiros/as da sabana, que preparamos na aula coa axuda das familias.


Foi un proxecto que nos fixo observar, investigar, crear e sobre todo… gozar aprendendo!

Agora levamos para a casa unha maleta chea de lembranzas e coñecemento.









AS AVES DA SABANA

Recibimos á familia de Ana para aprender que na sabana tamén viven moitas aves diferentes: grandes, pequenas, de cores vivas ou con longas patas… e que todas teñen algo en común: plumas e ovos!

Entre todas, coñecemos algunhas das máis sorprendentes: o avestruz, que non voa pero corre rapidísimo, a cigüeña africana, que vive preto da auga, o flamingo... e moitas máis que descubrimos con curiosidade!

Fixemos un obradoiro moi especial no que observamos ovos de diferentes tamaños e deixamos a nosa pegada en arcilla branca

Foi unha mañá chea de cor, creatividade e moita ilusión por aprender máis sobre os animais que voan polo ceo africano.



ADIVIÑA, ADIVIÑA...

Durante este curso viaxamos á Sabana Africa e coñecimos aos animais que habitan entre a herba alta, o sol alumeante e os baobabs xigantes. Aprendemos moitísimo sobre eles: como son, que comen, onde viven, cales son os seus depredadores…

E para pechar o noso proxecto dunha forma divertida, fixemos este vídeo cheo de… adiviñas!

Por grupos preparamos unha adiviña sobre un animal ou algo característico da sabana e agora desafiámosvos a adiviñar!

Dálle ao play… escoita con atención e tratade de descubrir de que animal se trata!



OS REPTÍS: UN MUNDO CHEO DE ESCAMAS

Para aprender sobre os reptís tivemos a visita da familia de Carmen coa que estivemos investigando e aprendendo moito sobre este grupo de animais tan curioso. Descubrimos que:

• Teñen escamas no corpo.

• Moitos deles poñen ovos.

• Son de sangue frío, polo que buscan o sol para quentarse.

• Hai réptiles que camiñan, que nadan e incluso que trepan!

Foi unha experiencia xenial para aprender a falar en público, traballar en equipo e descubrir os segredos destes animais.



OBRADOIRO TRIBU AFRICANA: OS MASAIS

Seguimos a nosa viaxe pola Sabana Africana  para coñecer unha das súas tribos máis coñecidas e fascinantes: os masáis.

Aprendemos que os masáis son un pobo que vive entre Kenia e Tanzania, que teñen unha cultura moi rica e colorida. Descubrimos como visten, como se organizan, os seus costumes e, sobre todo… os seus bailes tradicionais cheos de enerxía e saltos!

Fixemos un obradoiro no que:

• Fixemos colares inspirados nos que usan os masáis.

• Disfrazámonos con panos de cor vermella

• Bailamos coma auténticos masáis, facendo saltos e movementos tribais ao ritmo da música.

Foi unha experiencia chea de alegría, movemento e aprendizaxe. E sobre todo, serviu para respectar e valorar culturas diferentes á nosa, abrindo os ollos ao mundo e ao que nos rodea. 




23 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Pipo visitou a última casiña que lle quedaba por coñecer, concretamente a do caracol Alicia. Nesta ocasión puido aprender moitísimas cousiñas sobre os corais. Que fermosos son!


Alicia, o seu pai e a súa nai contáronnos moitas cousas sobre os corais, como por exemplo que as veces poden ser unha barreira natural contra os tsunamis. Os corais poden ser de moitas formas e cores, e poden servir como refuxio dos animais cando coidan das súas crias.

Para por o broche final, Alicia e a súa familia trouxeron a aula moitos materiais para facer entre todos e todas un mural cooperativo no que tiñamos que representar un fondo mariño cheo de corais.

                                            (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Moitas grazas familia!💓

Apertas!




 

22 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Por aquí estamos de novo para contarvos a nova andaina de Pipo, onde, grazas ao caracol Saga, aprendeu moitísimas cousas sobre as raias e as manta raias. 


Saga e a súa nai ensináronnos moitas curiosidades sobre as raias e as manta raias, como por exemplo que as raias son moi grandes, moito máis que o ser humano. As manta raia poñen os seus ovos dentro dunha cápsula, que poidemos ver grazas a que Saga atopounas na praia. Ademais, as raias poden facer piruetas no aire para quitarse os parásitos! É sorprendente. 

Unha vez que finalizaron a exposición, Saga e a súa nai ensinárannos a facer unha manualidade sobre unha raia. Despois decorámolas con diferentes materiais, e con pintura que brilla na oscuridade. Quedaron fermosas!

                                       (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas por traer a aula tanto coñecemento 💓

Apertas!



20 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Xa estamos de volta cunha nova participación das familias. Esta semana Ama viaxou a casa de Leo e a súa familia que fixeron unha investigación sobre... AS ESTRELAS DE MAR! 


                                           (preme na imaxe para acceder a galería de fotos) 

Leo e a súa familia aprendéronnos que hay moitos tipos de estrelas de mar, pertencen a familia dos equinodermos, non teñen ósos e que teñen cinco brazos cun ollo na punta! Tamén ensináronnos as estrelas de mar mais curiosas do mundo mariño como a "estrela xirasol"

(preme na imaxe para acceder ao vídeo)

Cun protagonista de fondo, que moitos e moitas coñecedes: CALAMARDO, coloreamos o seu debuxo para logo xogar cun divertido xogo co que Leo nos agasallou: un comecocos: QUE BEN O PASAMOS!


Moitas grazas Leo e familia por aprendernos sobre as estrelas de mar e agasallarnos tantas cousas!

Vémonos na seguinte participación familias💓! 





 



15 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Aquí estamos de novo para contarvos a nova andaina de Pipo. Nesta ocasión Pipo viaxou xunto a Alma, onde investigaron un montón de cousiñas sobre a contaminación.


Alma e a súa nai concienciáronnos sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Coméntarannos que dependendo do material algúns obxectos tardan moito en desaparecer, por exemplo o vidro tarda 4.000 anos, o papel 2 meses, a monda do plátano 3 meses... 

Ca finalidade de observar como se van desintegrando os materiais e canto tempo tardan en facelo, Alma e a súa familia meteron auga e diferentes materiais como plástico, un chicle, papel de aluminio, etc., nun bote de cristal. Foi sorprendente ver como os materiais van cambiando de forma e tamaño.

Ensináronnos un vídeo onde o mar estaba contaminado por materiais que as persoas tiran, e despois vimos outro vídeo onde o mar estaba limpo e, polo tanto, os animais mariños contentos. Cantas diferenzas observamos!

Outra das cousas que aprendimos foi as accións que debemos levar a cabo para coidar o planeta, como por exemplo cerrar o grifo cando nos duchamos, non empregar bolsas de plástico, reciclar...


Unha vez que finalizaron a súa exposición, fixemos con Alma e a súa nai unha manualidade fermosa, onde representamos o fondo mariño con material reciclado.


                                             (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Moitas grazas por ensinarnos tantas cousiñas!💓

Apertas!





13 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias! 

Ama visitou a casa de Sheila e a súa familia que fixeron unha gran investigación sobre as medusas! 

Aprendimos que as medusas non teñen cerebro nin corazón, se non unha red nerviosa que lles axuda a responder a estímulos e moverse polo mar: INCRÍBLE!

                                              (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Tras a explicación que nos deu Sheila e o seu papá sobre as medusas, puidemos visualizar un vídeo explicativo sobre as mesas: ENCANTOUNOS! 

(preme na imaxe para acceder ao vídeo)

Moitas grazas Sheila e familia por aprendernos sobre as medusas e as súas características tan peculiares!

Vémonos na seguinte participación familias💓! 

1 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Aquí estamos de novo para contarvos unha nova andaina de Pipo. Nesta ocasión viaxou xunto o caracol Pedro, onde aprenderon moitas cousas sobre os golfiños. Ata foron a biblioteca a atopar información. Volvéronse uns expertos no tema!


Pedro e a súa familia contáronnos curiosidades sobre os golfiños como por exemplo que sempre van en manada. Na parte baixa da súa cabeza teñen un órgano que se llama melón. Tamén nos dixeron que os golfiños durmen cun ollo pechado e outro aberto para estar sempre atentos por se ven un depredador. Os golfiños teñen varias aletas, e un orificio na cabeza para respirar, que se llama espiráculo.

Cando finalizaron fixeron connosco unha manualidade moi orixinal. Fixemos un disco no que había debuxos dun golfiño e dunha pelota, que ao xirar formaba unha ilusión óptica e parecía que o golfiño tocaba a pelota.


                                          (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)



Grazas familia! 💓
Apertas




PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

Ola familias!

Pipo non para de vivir aventuras e de aprender moitas cousas sobre o mar grazas aos caracois. Esta vez Pipo viaxou co caracol Edgar, e coa súa familia, ata a praia de Prado.


Edgar e o seu pai ensináronnos os animais mariños que viron na praia de Prado, gustounos moito! Ademais, comentáronnos a importancia de respectar e coidar o medio ambiente, limpando a nosa contorna. 

Finalmente, entre todos e todas fixeron un caderno de debuxos sobre a praia de Prado. Que fermoso quedou!

                                                 (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas familia!💓

Apertas