25 de xuño de 2014

NENOS E NENAS DE 5 ANOS

Ola familias, gustaríame que, cando teñades un ratiño de tranquilidade lle lésedes esta carta aos nenos e nenas de 5 anos. Ola chicos guapos. Sabedes unha cousa? Eu tamén vos boto de menos. Éstos días estiven ordenando a nosa clase, recollendo os libros que utilizamos durante este último ano, e atopeu moitísimas cousas que fixemos e desfixemos. Todas estas cousas xa non van a continuar outro ano máis con nós, como ocurriu durante 3 anos. Agora a nosa andaina xuntos rematou. Estivemos 3 anos da nosa vida xuntos. 3 anos moi, moi importantes tanto para vós como para mín. Aprendimos moitísimas cousas. Vós aprendestes a traballar xuntos e a querevos moitisísimo. E eu aprendín que ser nenos é o maior agasallo do mundo. Estos meses de verán tedes que xogar moitísimo, e cando non queiran xogar con vos, enfadádevos cos papás se non deixan o que estan facendo para xogar xuntos. Explicádelle aos papás que a vos os da igual levar a roupa sen planchar, e tampouco vos importa comer dous día seguidos a mesma carne con macarróns , e que é super divertido tumbarse enriba das sabas sen recoller. O que queredes é acostarvos nas sabas con olor aos contos que vos leen os papás cada día, e imaxinar pola noite, cómo será o día seguinte. Preguntádelles aos papás cómo pasaban eles os seus veráns. Seguro que vos contan moitas aventuras inesquecibles. Gracias nenos e nenas de 5 anos por formar parte das miñas lembranzas inesquencibles. Profe Laura.