25 de abr. de 2022

CONTO MIÑOCA E COELLO

Ola!!

Durante o segundo trimestre os crocodilos traballaron sobre o conto “Miñoca e coello”. Na aula limos moitas veces o seu conto e os nenos e nenas fixeron un pequeno libriño sobre el, onde escribiron o nome do autor, crearon outro final, outro título, fixeron unha sopa de letras...

Esta semana tivemos a sorte de coñecer o autor do libro, Ramón Veiga. El contounos de onde xurdiu a historia da miñoca e o coello. Tamén nos presentou outros contos que escribiu, e firmou o libro de cada cativo e cativa.

Ademais, Ramón Veiga trouxo algunhas actividades para que fixeran os nenos/as, como por exemplo formar a súa inicial con miñocas ou completar as caras dos personaxes.

Foi moi divertido e os crocodilos estaban moi contentos/as 😊

















OS CROCODILOS DESCOBREN O NOVO PROXECTO

 

Ola, Ola! Hoxe traiovos novas dos crocodilos 😊

Este trimestre comezamos novo proxecto, así que os crocodilos van ser uns expertos e expertas sobre as bolboretas!

Cando os nenos/as se sentaron na asemblea o móbil da mestra sonou... Quedámonos todos e todas abraiados/as. Quen será? Dicían... Pois era o carteiro para dicirnos que tíñamos que ir a unha aula a buscar unha carta.

Esta carta estaba escrita pola bolboreta Lili, onde comentaba que os nenos/as tiñan que superar diferentes probas para descubrir de que trata este novo proxecto, e por suposto, fixérono de marabilla!

Na primeira proba tiñan que resolver esta adiviñanza:

Antes oviño

agora capulliño,

máis tarde volarei

coma un paxariño

¿Quién soy?

Na segunda proba tiñan que atopar nunha imaxe unha bolboreta que estaba moi agochada, e descubrírona rapidísimo!!




Finalmente, os nenos e as nenas, ca axuda dunhas lupas, tiñan que atopar oito letras e despois formar a palabra: B O L B O R E T A



Os cativos e cativas resolveron as probas moi rápido... así que, a partir de agora adentrarémonos no mundo das bolboretas.

O primeiro que fixemos foi ver un vídeo sobre o ciclo de vida das bolboretas e descubrimos os distintos tipos que hai.




E así quedou o noso recanto da oficina!

Tamén me gustaría ensinarvos a evolución dos nosos vermes de seda... Agora só temos que esperar a que se convertan en bolboreta 😊



Ata aquí todo por hoxe!

Vémonos pronto 😊








18 de abr. de 2022

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO SEGUNDO TRIMESTRE NA AULA DAS BOLBORETAS


Ola familias!:

Coa chegada da primavera inauguramos na nosa aula un novo recanto sensorial, onde xogando, entre outras cosas, estimulamos os sentidos, a percepción, a psicomotricidade fina e pasámolo de marabilla!



Como non podía ser doutra maneira, seguimos xogando cos minimundos; esta vez descubrimos cores e elementos propios da estación na que estamos. Nunca imaxinamos que con arroz tinxido poderíamos recrear unha paisaxe tan bonita!




Aproveitando o bo tempo, plantamos sementes para a nosa aula e herbas aromáticas na horta, coa axuda da mestra Puri e o mestre Roi. Xa sabedes que aprender experimentando é o noso!



Ademais, tamén estamos a disfrutar de novos espazos como o Patio vivo, o Areeiro e o Patio de xogos. Non poden gustarnos máis!

PATIO VIVO


AREEIRO


PATIO DE XOGOS

E para rematar o trimestre, tivemos a sorte de contar coa visita de Alicia Borrás, autora do conto que tanto nos gusta “O señor corpo quere xogar”. Moitas grazas por este contacontos tan especial!




Agora toca descansar e cargar pilas para o derradeiro trimestre deste curso. Vémonos axiña!


14 de abr. de 2022

ACTIVIDADES DESTACADAS DAS ÚLTIMAS SEMANAS NA AULA DAS XOANIÑAS

OLA A TODOS E TODAS! AQUÍ REMATA ESTE SEGUNDO TRIMESTRE. AGORA TOCA DESCANSAR ESTES DÍAS E COLLER FORZAS PARA A RECTA FINAL.

QUEREDES VER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES MÁIS DESTACADAS DAS ÚLTIMAS SEMANAS? POIS PRESTADE ATENCIÓN:


NA AULA XA SOMOS MOITOS MÁIS XA QUE UNS PEQUENOS VERMES VIÑERON PARA QUEDARSE CON NÓS UNHA TEMPORADA. GRAZAS A ELES, PODEREMOS COÑECER TODO O CICLO DE VIDA ATA A SÚA TRANSFORMACIÓN. 
E, POR SUPOSTO, DAR AS GRAZAS AS FAMILIAS, ENCARGADAS DO SEU COIDADO E ALIMENTACIÓN. 


NA AULA DESCUBRIMOS UN NOVO MATERIAL: AS MESAS DE LUZ. CON ELAS OS NENOS E NENAS PUIDERON EXPERIMENTAR E MANIPULAR DIFERENTES MATERIAIS AO MESMO TEMPO QUE LEVABAN A CABO AS SÚAS PROPIAS CREACIÓNS. 


CADA VEZ TEREMOS MELLOR TEMPO E, POR ISO, APROVEITAREMOS AO MÁXIMO ESTE NOVO RECANTO AO AIRE LIBRE FACENDO EXPERIMENTOS E OUTRAS ACTIVIDADES DE MANIPULACIÓN QUE SON MÁIS DOADAS DE FACER FORA. 
AQUÍ TEDES DOUS EXEMPLOS: MESTURAR AUGA CON COLORANTE DE DIFERENTES CORES (AMARELO, VERMELLO E AZUL) PARA INTENTAR CONSEGUIR CORES NOVAS E MANIPULAR ESPUMA DE AFEITAR PARA DESCUBRIR A SÚA TEXTURA (O QUE CADA UN/UNHA FIXO CON ELA XA FOI DECISIÓN PROPIA😂)


TAMÉN CONTAMOS COA VISITA DE ALICIA BORRÁS, A AUTORA DO CONTO "O SEÑOR CORPO QUERE XOGAR" QUEN FIXO UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS. PERO NON ESTABA SOLA, PICOPATO ACOMPAÑOUNA NESTA EXPERIENCIA.


NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS OS NENOS E NENAS TAMÉN DESCUBRIRON NOVAS ZONAS DE RECREO COMO O PATIO VIVO, O PATIO DE XOGOS E O AREEIRO QUE, SEMPRE QUE O TEMPO O PERMITA, PODERÁN GOZAR DELAS CADA SEMANA.


E, XA PARA REMATAR O TRIMESTRE, O ÚLTIMO DÍA DE CLASE ANTES DAS VACACIÓNS, O TEMPO NON QUIXO ACOMPAÑARNOS NESTA OCASIÓN PERO NÓS NON TIVEMOS PROBLEMA EN FACER UN PICNIC NO INTERIOR E DESPEDIRNOS CUNHA MINI-SESIÓN DE CINE CON GUSANITOS.

VÉMONOS AXIÑA!



8 de abr. de 2022

REMATAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE FACENDO PIZZA!!

Ola familias

 Aproveitando as utilidades das plantas aromáticas, e o novo forno que temos nas aulas de infantil, hoxe fixemos unha pizza deliciosa.

Laura