4 de feb. de 2026

OBRADOIROS MÁXICOS DE NADAL

Este Nadal vivimos unha experiencia chea de ilusión, creatividade e maxia cos nosos Obradoiros Máxicos, unha proposta pensada para gozar do Nadal a través do xogo, a imaxinación e a convivencia entre o alumnado dos diferentes niveis de infantil.

Nestes obradoiros interniveis e rotativos o alumanado disfrutou de diferentes actividades:

-  Un contacontos moi especial baseado no libro "El encargo más difícil de los Reyes Magos", que nos convidou a reflexionar sobre o verdadeiro significado dos agasallos e os valores do Nadal. A narración estivo acompañada dunha posta en escena máxica, con capa de mago, sombrero xigante e a aparición inesperada dun coelliño branco que encheu o espazo de sorpresa e ilusión.

- Pintacaras de Nadal, para transformarse en personaxes máxicos, elfos, estrelas, Papá Noel...

- Baile e disfraces, un espazo de expresión corporal, música e xogo simbólico.
Obradoiro de adorno de Nadal, onde cada nena e neno puido crear a súa propia decoración cunha bóla de Nadal, fomentando a creatividade e a motricidade fina.

(Pica na imaxe para abrir a galería)

Estes obradoiros permitiron que todo o alumando participase en cada proposta, creando un ambiente de colaboración, respecto e diversión.

Unha xornada máxica que nos lembrou que o mellor regalo dos Reis Magos é o tempo compartido, o xogo e as experiencias que quedan na memoria.

Celebramos o Samaín cun día cheo de maxia, contos e tradicións

O 30 de outubro o noso centro encheuse de misterio, ilusión e moita maxia coa celebración do Samaín, unha das festas máis especiais do outono. Foi unha xornada chea de actividades nas que o alumnado gozou, aprendeu e participou con moita ilusión.

Realizamos unha exposición de froitos de outono, onde coñecemos e observamos cabazas, castañas, noces, mazás e outros produtos típicos desta estación. Foi unha maneira estupenda de achegarnos á natureza e ás tradicións propias destas datas.

Outro dos momentos máis agardados foi o concurso de personaxes típicos do Samaín, no que se puxo en valor a imaxinación, o esforzo e o coñecemento da nosa cultura popular. Todos os participantes fixeron un gran traballo!


Ao longo do día tamén tivemos tempo para as lecturas de Samaín, con contos cheos de misterio (pero sempre adaptados aos máis pequenos), que espertaron a curiosidade e a atención do alumnado.

Ademais, contamos cunha visita moi especial: o alumnado da ESAD, que nos agasallou cun fantástico contacontos, facendo que os nenos e nenas viaxasen a través das historias, das voces e das emocións.

Para rematar, volvemos gozar cun desfile final de disfraces, pechando así un día inesquecible cheo de sorrisos, aprendizaxes e tradición.

Foi unha celebración marabillosa na que o Samaín cobrou vida no noso centro. Grazas a todos e todas por facelo posible!


3 de xan. de 2026

BENVIDOS A UN NOVO CURSO CHEO DE MAXIA E FANTASÍA

 No mes de outubro, coincidindo co día das Bibliotecas Escolares os nosos pequenos e pequenas adentraranse nun mundo fascinante cheo de maxia e fantasía. A través do noso Proxecto Didáctico Integrado (PDI), descubriremos xuntos un universo onde o imposible se fai realidade. E para facelo dunha maneira única e sensorial, preparamos unha experiencia moi especial na nosa Aula Sensorial.


A maxia non só se vive nos libros ou no cine; tamén podemos sentila, escoitala, tocala e, por suposto, imaxinala. 

O obxectivo desta experiencia é axudar aos nenos e nenas a desenvolver a súa imaxinación e creatividade, mentres exploran e gozan de cada sentido. 

Queremos que comprendan que a maxia non só está nos libros, senón tamén no mundo que os rodea, e que poden ser parte dela.



30 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias! 

Xa estamos a piques de rematar coas participacións e nesta ocasión contamos coa investigación de Noé e a súa familia sobre a gran BATALLA DE RANDE, en busca do tesouro perdido!

(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Noé e a súa familia, fixeron unha ruta pola zona onde se loitou unha das grandes batallas de navíos na ría de Vigo, na ensenada da Illa de San Simón!

Grazas a un vídeo que fixeron da ruta, fóronnos explicando a ubicación da mesma, como se librou dita batalla, por onde entraron os navíos...e tamén contáronnos que todavía queda un tesouro agochado nas profundidades da ría: ENCANTOUNOS! Na ruta atoparon o Museo Meirande: centro de interpretación da Batalla de Rande: XENIAL!

(preme na imaxe para acceder a info)

Logo xogamos cun gran mural da batalla e os navíos, e ata atopamos o cofre do tesouro cheo de moedas de chocolate: QUE BEN O PASAMOS! 



Moitas grazas Noé e familia por un paseo tan xenial pola ría de Vigo, procuraremos atopar o tesouro agochado!
Vémonos na última participación familias💓! 





PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Chegamos a última participación vosa no noso tan querido proxecto de aula: Tí si que sabes a mar!

Nesta ocasión, Luca e a súa familia fixeron unha investigación con Ama sobre... OS POLBOS! Aprendimos que como animal invertebrado é dos mais intelixentes, ten 8 tentáculos e 3 corazóns: ENCANTOUNOS!


(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

A continuación, visualizamos un vídeo explicativos das características deste gran molusco e ata vimos un onde un pulpo saía dun bote! Logo fixemos un experimento representando como un polbo expulsa a tinta como medida de defensa, pois así dalle tempo a escapar da súa présa: QUE BEN O PASAMOS!



















Tras a experimentación, Luca e a súa familia agasalláronnos un polbo de gominola: GRAZAS!

Moitas grazas Luca e familia por aprendernos tanto sobre os polbos e como se defenden! 


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA CONSTANTE E DOCE PARTICIPACIÓN👏💖! 







29 de xuño de 2025

LAPBOOK DO PROXECTO DA AULA Á HORTA

Os Grilos e as Tartarugas plasmaron nun lapbook toda a información nova aprendida  sobre o proxecto anual " Da aula á horta" traballada durante este curso.









 

24 de xuño de 2025

DA AULA Á HORTA: PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Como peche do noso proxecto sobre a horta e as plantas, fixemos unha representación moi especial para explicar que necesitan as plantas para medrar fortes e sans.

Asi representamos os catro elementos da natureza que axudan ás plantas a medrar:

 Terra : a base onde sementamos as nosas sementes, chea de nutrientes.

 Auga : que rega as raíces e dá vida.

 Aire : que axuda ás plantas a respirar e moverse.

 Luz/Sol: a enerxía que permite ás plantas facer a fotosíntese.

Cada neno e nena converteuse nun deses elementos ou nunha parte da planta: raíces, talos, follas ou flores e contamos a historia do crecemento dunha planta dende a semente ata que florece.

Foi unha maneira fermosa de mostrar todo o que aprendemos sobre a natureza, a importancia de coidar as plantas… e tamén de traballar en equipo.

Aprendemos que a natureza é un conxunto no que todo está conectado e que cada elemento é esencial.