31 de out. de 2021

OS CROCODILOS CELEBRARON OS ANIVERSARIOS E O SAMAÍN!

 

Esta semana disfrutamos dos aniversarios de Julieta, Mateo e André, qué ben o pasamos! Ademáis, démoslles as tarxetas cos debuxos que fixeron os crocodilos, quedaron moi fermosas 😊




MOITAS FELICIDADES!



E chegou o Samaín…

Durante esta semana os nenos e as nenas estiveron facendo algunas propostas relacionadas con esta temática. Ademáis, fixemos entre todos dous monstros, e puxémoslle nome. Preséntovos a Ronchi e a Pepón! A verdade é que quedaron terroríficos!


O venres celebramos a festa do Samaín, e lucimos os nosos disfraces. Os crocodilos iban terroríficamente fermosos e fermosas😊





Neste día tamén visitamos a exposición das cabazas que fixeron os nenos de infantil, encantounos! Ademáis, os crocodilos pudieron xogar con algunhas cousiñas do samaín como teas de araña, esqueletos…



Tamén celebramos o Samagostín, polo que os crocodilos comeron castañas asadas, qué boas estaban!


Ata a próxima publicación familias! Que pasedes un feliz Samaín 😊


COMEZAMOS O NOSO PROXECTO: AS ABELLAS

 

Cando os crocodilos chegaron a aula atopáronse cunha carta. Esta estaba escrita por Zumbi, unha abella moi graciosa.








Zumbi preparoulle aos crocodilos unha proba na que tiñan que descubrir unha palabra secreta, a través de pistas. Unha vez que a descubriron, xa podían abrir a caixa que contiña moita información sobre as abellas. Qué habería dentro?



Nesa caixa había moitas cousas! Un traxe de apicultor, un panal de abellas e un conto sobre as abellas! A partir de aquí os crocodilos comenzaron a traballar a palabra secreta: abella.





Os crocodilos están aprendendo moitas cousas sobre as abellas, como o seu ciclo vital. Aproveitamos para ver un vídeo cortiño sobre este tema, e despois fixeron un mural do que visualizaron no vídeo.  




Tamén vimos os tipos de abellas e cómo se fabrica a mel.


Os nenos e as nenas puideron degustar a mel caseira que nos trouxo Yaiza. A algúns encantoulle e otros déronse conta de que a mel non lle gusta nadiña.


Deica logo familias! 😊


COUSIÑAS NOVAS DOS CROCODILOS

 

Na nosa asemblea observamos o paso do tempo gracias as pinzas de cores. Agora xa detectamos que outubro está a piques de rematar.
Tamén comezamos a traballar as diferenzas entre os números e as letras escribindo o número e a letra da nosa casa.





No recanto da lóxica os crocodilos xogaron cos dados do outono e cos dinosaurios, traballando así a asociación número cantidade. Tamén deixaron fluir a súa imaxinación debuxando qué pode ser un triángulo.





No recanto da arte os crocodilos traballan moito a súa creatividade debuxando no chan, facendo figuras con plastilina, decorando mandalas otoñais, facendo grafismos creativos… qué cousas máis fermosas fan!





No recanto das letras os nenos e as nenas comenzaron a escribir palabras do outono escoitando o son das letras, xogaron ao bingo coa ruleta, onde aparecían palabras relacionadas co outono, formaron palabras de maneira libre...




O noso recanto do outono está moi fermoso gracias os nenos e as nenos que trouxeron elementos para decoralo e poden facer cousas maravillosas, como os insectos. Menud@s artistas! 😊



Por último, ensínovos as novas cousiñas que temos no recanto da calma, como os mandalas e as posturas de ioga. Os crocodilos saen desde recanto moi relaxados e relaxadas!


Ata a próxima familias! Vémonos pronto 😊

30 de out. de 2021

E CHEGOU A SEMANA DO SAMAGOSTÍN NAS AULAS DE 3 ANOS

ESTA É A PRIMEIRA VEZ QUE OS MÁIS PEQUENOS/AS CELEBRABAN O SAMAÍN E O MAGOSTO NO COLE PERO... QUEN O DIRÍA! PARECÍAN UNS AUTÉNTICOS EXPERTOS E EXPERTAS NO TEMA! 

AQUÍ TEDES UN RESUMO DAS ACTIVIDADES QUE LEVAMOS A CABO DURANTE ESTA SEMANA:


        













SEMANA SAMAÍN!!

 Ola de novo familias!

Déixovos algunhas fotiños das propostas desta semana relacionadas co Samaín.





E mirade o guap@s que viñeron o venres para a festa de Samagostín!!








Mirade que ben quedou o noso recunchiño de cabazas. E todo grazas a vosa colaboración!!!!







Ata a próxima!!😊

26 de out. de 2021

O NOSO NOVO PROXECTO

 OLA DE NOVO FAMILIAS,  PASÁMONOS POR AQUÍ PARA PRESENTARVOS O NOVO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN QUE ESTAMOS A DESENVOLVER DE FORMA GLOBALIZADA DENTRO DA AULA DOS LEÓNS.

TIVEMOS UNHA VISITA MOI CURIOSA DENTRO QUE NOS DEIXOU DOUS ELEMENTOS OS CALES OBSERVAMOS E MANIPULAMOS... 

E DESPOIS DE MOITA INTRIGA DESCUBRIMOS QUE IBA SER MOI INTERESANTE COÑECER A VIDA DUNHAS PEQUENAS AMIGUIÑAS:

AS ABELLAS









PUXÉMONOS A INDAGAR SOBRE  O CICLO DA ABELLA:









E COMEZAMOS A CREAR AS PÁXINAS DO NOSO PROPIO LIBRO CIENTÍFICO


SEN DEIXAR DE CURIOSEAR NA NOSA MESA POLIVALENTE ONDE A VEZ QUE AVANZAMOS NA NOSA INVESTIGACIÓN VAN CHEGANDO NOVAS COUSIÑAS QUE MANIPULAR E OBSERVAR 

ATA AQUÍ ESTE ANAQUIÑO DO NOSO TRABALLO VÉMONOS NA SEGUINTE ENTRADA