17 de mar. de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES GOLFIÑOS E VAGALUMES 17 DE MARZO


PROPOSTA ACTIVIDADES 1
UN CONTO CADA DÍA: escribindo Contos en pixama en Google, cada día atoparemos un conto novo (contado por Garavata Torla) para ver, escoitar e pasar un rato agradable en familia

             

ACTIVIDADE PROXECTO ARTE: “O GUERNICA” de Picasso
-       Busca a imaxe do cadro nalgún libro que poidas ter na casa ou en internet.
-       Obsérvao detidamente durante un anaco.
-       Buscamos as personaxes: debuxa as personaxes que atopes no cadro e ponlles o nome que te guste para elas.
-       Cantas personaxes atopaches?
ADIVIÑA DE OBXECTOS: coloca nunha bolsa ou mochila a maior cantidade de obxectos que poidas (que non pinchen). Despois, un xogador vendará os ollos e, durante un minuto, deberá adiviñar que hai na bolsa. A continuación, intercamnbiamos os papeis, Gañará o xogador/a que máis obxectos adiviñe.
TODOS/AS A BAILAR: preme no enlace e intenta seguir a coreografía

Ningún comentario:

Publicar un comentario