28 de dec. de 2022

VÍDEOS NADAL 2022 . DRAGÓNS






 

BAILE DE NADAL DAS XOANIÑAS E BOLBORETAS

Como sabedes, as Xoaniñas e as Bolboretas estiveron preparando, xunto coas profes Laura e Ana, un villancico con moito ritmo e ilusión. Ese vídeo foi un dos agasallos sorpresa que ía nas postais que enviamos ás casas en forma de código QR. 

Deixamos o enlace ao vídeo picando nestas fermosas postais de Nadal para poder velo cando queirades e para desexarvos un BO NADAL.



23 de dec. de 2022

O NADAL DAS XOANIÑAS E DAS BOLBORETAS


Con estas fermosas postais, queremos desexarvos un Feliz Ano Novo. 
Picando en cada unha atoparedes unha carpeta con todas as actividades realizadas durante o mes de Decembro da aula das Xoaniñas e das Bolboretas. 

As Xoaniñas vestid@s de gala para as badaladas

    As Bolboretas vestid@s de gala para as badaladas

Picando na seguinte imaxe atoparedes un vídeo cunha pequena recopilación cos obradoiros da última semana con sorpresa final, as badaladas de Fin de Ano diante mesmo da Porta do Sol. 






DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE 5 ANOS A (AULA DOS PINGÜÍNS)

Ola familias!!

Aquí tedes un pequeno resumo do noso primeiro trimestre, onde podedes coñecer un pouquiño máis a realidade da nosa aula.

                                         1.XOGO POR RECANTOS:

O xogo, é unha ferramenta de aprendizaxe innata coa que nenos e nenas comezan a coñecer o mundo, a interaccionar con el e coas persoas que nel conviven. Ademais mediante o xogo, créanse vínculos cos demais, aprenden a compartir, chegar a acordos, resolver conflitos... 

Este curso continuamos con algúns recantos do curso pasado: recanto do xogo simbólico e vida práctica, recanto dos números e puzzles, recanto das construccións e minimundos, recanto da arte, recanto dos xogos de mesa, recanto do proxecto e recanto da biblioteca e relaxación. Ademais, engadimos o recanto dos títeres, onde representan pequenas “obras teatrais”; o recanto de experimentación, onde experimentan con diferentes materiais; e o recanto das letras, onde contan con materiais e diferentes xogos para iniciarse no proceso de lectura e escritura.

Outra novidade con respecto ao ano pasado, é que as propostas de aprendizaxe, non as fan no momento de entrada, senón que forman parte dos recantos e van cambiando segundo os centros de interese que esteamos traballando.

Aquí tedes algunhas fotiños dos diferentes recantos da aula:





Pinchando na seguinte fotos podedes acceder ao álbum do tempo en recantos (primeira foto) e a algunhas das propostas de aprendizaxe realizadas (segunda foto):




2.PROGRAMA COMUNICARNOS:

Como o ano pasado, seguimos traballando co programa "Comunicarnos", mediante o cal traballamos aspectos relacionados coa conciencia fonémica, conciencia silábica, conciencia léxica, memoria auditiva... Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e o futuro aprendizaxe da lectura e escritura.

Pinchade na imaxe para acceder ao álbum

                                                      3.PROXECTO:

Como sabedes o noso PDI deste curso 22-23 xira ao redor da horta, e neste primeiro trimestre comezamos a traballar sobre a agricultura na prehistoria. Como sabedes, contamos cun recanto do proxecto, e grazas a vosa colaboración, este vai collendo forma.

                                               

Pinchade na imaxe para acceder ao álbum

4.LÓXICA-MATEMÁTICA

Coa profe Laura  realizan actividades de matemáticas manipulativas en pequeno grupo, sempre mediante o xogo, que é a ferramenta máis importante para a aprendizaxe dos nosos pequen@s.

                                          Pinchade na imaxe para acceder ao álbum

5.PSICOMOTRICIDADE

Nas clases de psicomotricidade, os nenos e nenas realizan actividades nas que potencian habilidades de dominio corporal, lateralidade, equilibrio, estructuración do espacio, coordinación...Mirade que ben o pasan!

Pinchade na imaxe para acceder ao álbum

6.MÚSICA

Aquí tedes unha pequena sorpresiña que os vosos nenos e nenas estiveron preparando coa profe Laura.


                                          Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo

7.ACTIVIDADES NA HORTA

No seguinte albúm atoparedes un pequeno anaco das actividades que fixeron na horta: plantar fabas,regar, buscar bichiños e conocer a súa importancia...

                                                Pinchade na imaxe para acceder ao álbum

8.CONMEMORACIÓNS:

8.1. SAMAÍN:

Traballamos o Samaín a través da famosa obra "EL GRITO" de Edvard Munch. Tamén fixemos mounstruos de forma cooperativa e propostas de aprendizaxe relacionadas con esta temática.


 Pinchade na imaxe para acceder ao álbum


8.2. 25 DE NOVEMBRO:

Conmemoramos datas tan importantes como o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero a través de contos que tratan de fomentar o respecto, a igualdade, a amizade...Tamén creamos un mural no que todos xuntos gritamos pola igualdade!


                                       Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo

                                                   9.SAÍDAS
     
9.1.SAÍDA AO MUSEO MARCO:
Fomos a coñecer a exposición de Francisco Leiro no Museo MARCO. Unha das obras máis coñecidas deste pintor e escultor é o SIRENO. Despois reflexamos no noso bloc que foi o que máis nos gustou da saída.



9.2. SAÍDA AO BUZÓN:
Despois de preparar a nosa postal navideña, fomos o buzón de Navia a deixala.  Tamén aproveitamos para xogar un pouquiño no parque :)

  Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo
                                              

                                              10.SEMANA DO NADAL:

Na semana do nadal, fixemos varios obradoiros de cociña, merendola navideña, celebramos o fin de ano, tivemos a visita de Papá Noel...Aquí un pequeno resumo da nosa semana:


                                            Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo


DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE DA AULA DOS CARACOIS

 Ola familias!!

Nesta entrada mostrareivos unhas pequenas pinceladas do que fixeron os caracois no primeiro trimestre.

Ademais, ao longo deste trimestre centrámonos en traballar aspectos como as rutinas e ritmos da aula, o compañeirismo, a socialización, a cohesión grupal, o cumprimento de normas...ca finalidade de que todos e todas convivamos nun ambiente de respecto.

PROPOSTAS DE XOGO EN APRENDIZAXE

Para proporcionar unha entrada relaxada, cando os nenos e as nenas entran na aula atópanse cunha proposta enriba da mesa, e cada unha ten unha finalidade.

Estas propostas están relacionadas ca lóxica matemática, a percepción visual, a coordinación óculo-manual, a motricidade fina…, co obxectivo de favorecer tódalas áreas do desenvolvemento. A continuación, móstrovos varios exemplos.



ASEMBLEA

A asemblea e o momento ideal para que os nenos e as nenas adquiran conciencia de grupo, e así pouco a pouco comezan a sentir que todos e todas formamos parte da aula dos caracois.

Na asemblea os nenos/as permanecen sentados mentres levamos a cabo as nosas rutinas da mañá como cantar a nosa canción, ver quen falta a clase ese día, dicir que día é e que tempo fai. Unha vez finalizadas esas rutinas comezamos a traballar noutros aspectos. Sempre comezamos falando, é un momento óptimo para que os nenos/as conten as súas vivencias, cómo se senten ou calquera outra cousa que precisen contar nese momento. Con isto traballamos a espera, as quendas de palabra, a expresión e comprensión...

Ademais disto, na asemblea tamén comezamos a traballar a lóxica matemática a través de diferentes xogos, escribimos números no chan, agrupamos elementos segundo a cantidade, etc. Tamén comezamos a escribir letras no chan, pero antes diso traballámolas a través do noso corpo para así integrala mellor.



RECANTOS

No momento dos recantos os pequenos caracois escollen a qué recanto queren ir en cada momento. Iso si, non poden ir máis de 5 nenos/as a un mesmo recanto, traballando así a circulación libre.

Son recantos de xogo, onde cada neno/a desfruta dos materiais que se lles proporciona segundo os seus intereses e motivacións






TRABALLO DE MESA

Mentres que os nenos e as nenas están xogando nos recantos, a mestra traballa de maneira individual con cada uno/a. Os traballos deste primeiro trimestre están destinados sobre todo a motricidade fina e ao recoñecemento do esquema corporal.

Neste momento da xornada se lle proporciona aos cativos unha ensinanza máis individualizada, onde a mestra observa e céntrase no desenvolvemento de cada neno e nena.





PATIO

No momento do patio os cativos/as desenvolven unha serie de habilidades sociais, necesarias para unha correcta interacción cos demais. Tamén desenvolven a imaxinación e a creatividade, a través dos diferentes xogos que eles mesmos/as crean.




PSICOMOTRICIDADE

Como xa sabedes, ao longo da semana, os nenos/as poden desfrutar das sesións de psicomotricidade, onde acoden con moitísima ilusión. Nestas sesións os cativos/as coñecen o seu propio corpo e as habilidades que posúen, desenvolven emocións e sensacións, traballan a coordinación, equilibrio, posturas.., trepan, saltan, reptan, gatean...



 

CONMEMORACIÓNS

A longo do curso escolar traballamos sobre diferentes conmemoracións, onde se fomentan valores, dereitos, bos hábitos, tratando así, acontecementos que merecen ser celebrados. Neste primeiro trimestre tratamos o día Universal da Infancia, e o día Internacional contra a Violencia de Xénero.



 




18 de dec. de 2022

DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE AULAS 4 ANOS (XOANIÑAS E BOLBORETAS)

 

Aquí atoparedes a documentación das aulas de 4 anos do primeiro trimestre, que é unha pequena mostra das actividades que levamos a cabo nas aulas das XOANIÑAS e das BOLBORETAS (lembrade clicar nas imaxes para ver todas as fotos):

PROPOSTAS DE XOGO E APRENDIZAXE

As propostas de xogo e aprendizaxe son unha boa ferramenta para conectar aos cativos/as coas súas habilidades e potenciar os diferentes ámbitos de aprendizaxe. Todos os días hai propostas cun patrón de acción ou guía e, despois, a liberdade de poder ir creando as súas aprendizaxes por si mesmos/as.

                                    
                                                                         4 ANOS A

                                                                           4 ANOS B

GRAFISMOS CREATIVOS

A grafomotricidade é unha destreza que debemos traballar a partir de actividades motivadoras e diferentes para o bo desenvolvemento das habilidades motoras finas. É pois un paso previo e de acompañamento á escritura e ao agarre correcto do útil de escritura. É unha forma máis creativa, espontánea e artística de traballar un aspecto tan importante para o desenvolvemento dos nenos.

                                        
                                                                        4 ANOS A

                                                                        4 ANOS B

EXPRESIÓN ARTÍSTICA

As expresións artísticas funcionan como vehículos que estimulan a acción de innovar e crear, espertan o vínculo social e emocional e xeneran a comprensión das ideas propias e axenas.

Esta conexión cos sentidos é moi importante nos primeiros anos de vida e a expresión artística é unha boa estratexia para a educación en todas as áreas.

Neste trimestre, coas propostas artísticas, crearon con trazos, con obxectos da natureza e coñeceron a Giuseppe Arcimboldo e a súa forma tan divertida de facer arte, poñendo a nosa mirada no seu mundo e recreando a súa obra do outono cos nosos propios retratos.

                                      
                                                                      4 ANOS A

                                                                        4 ANOS B

LECTURA E ESCRITURA

Continuamos traballando a lectura e a escritura de xeito CONSTRUCTIVO a partir do nome propio e do recoñecemento do nome dos compañeiros/as, palabras de outono, de Samaín, de Nadal... lembrando letras e aprendendo outras novas de xeito manipulativo a través de diferentes propostas, baseándonos nos nosos intereses, estilos e ritmos de aprendizaxe.

                                     
                                                                       4 ANOS A


4 ANOS B

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

As matemáticas manipulativas son unha forma de acercar aos máis pequenos/as a esta emocionante materia transformando a ensinanza tradicional, abstracta e ríxida, por un novo modelo que estimula a imaxinación, a cretividade e o xogo.

                                      

                                                                    4 ANOS A

4 ANOS B

CONMEMORACIÓNS

Conmemoramos datas tan importantes como o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a través de contos que tratan de fomentar o respecto, a igualdade, a amizade... valores que tamén foron traballados ao logo do trimestre e cos que tratamos de resolver os conflitos que xurden no día a día da aula.

                                     

                                                                   4 ANOS A

                                                                        4 ANOS B

AS FAMILIAS CONTAN

Compartir momentos coas familias do alumnado é algo que motiva moito aos nenos e nenas  e que nos últimos anos perdemos por mor da pandemia. Por iso este curso invitamos de novo ás familias a gozar dunha lectura compartida que chea de ledicia e ilusión aos nenos/as..

                                        
                                                                       4 ANOS A


                                                                  4 ANOS B

A XOGAR…

A mellor forma de aprender e coñecer o mundo e a través do xogo. O xogo ademais potencia a creación de vínculos cos demais, aprenden a compartir, chegar a acordos, resolver conflitos... Na aula, neste primeiro trimestre, contamos con diferentes recantos de xogo: recanto do fogar (xogo simbólico), recanto dos xogos e construcións, recanto dos minimundos, recanto dos xogos de mesa… sen esquecer, por suposto, a aula de psicomotricidade e os diferentes patios..

                                     
                                                                 4 ANOS A

                                                                       
                                                                         4 ANOS B