18 de mar. de 2020

LÓXICA-MATEMÁTICA 18/03/20


                       PROPOSTA  MATEMÁTICA
   
   BOS DÍAS.  ESPERO QUE VOS GUSTE A PROPOSTA DE HOXE.  (ADAPTARÉMOLA AO NIVEL DOS NEN@S)

                               XOGAMOS COA AUGA

1.-  ENCHER UNHA TINA DE AUGA

2.- RECOLLIDA DE DIFERENTES OBXETOS ( PALLIÑAS, CORTIZAS, TAPÓNS, PAUS, CUNCHAS, CULLERES, PAPEIS….).

3.- VOTALOS DE UN EN UN NA AUGA E OBSERVAR CALES FLOTAN E CALES AFUNDEN.

4.-SACALOS E FACER UNHA CLASIFICACIÓN  (FLOTAN/AFUNDEN); PODEMOS POÑERLOS EN  DÚAS CAIXIÑAS OU  OUTROS RECIPIENTES.

5.- CONTAMOS E REXISTRAMOS NUN PAPEL A CANTIDADE DE CADA CLASE.

6.- COMPARAMOS: ONDE HAI MÁIS, MENOS OU SE É A MESMA CANTIDADE.

7.- SUMAR UN GRUPO CO OUTRO .

8.- OBSERVAR AS SÚAS FORMAS, TAMAÑOS E CORES.

9.- FACER UN DEBUXO SOBRE A EXPERIENCIA.

                                


Resultado de imagen de DIBUJO EXPERIMENTO AGUA NIÑOS

                                                A  GOZAR!


Ningún comentario:

Publicar un comentario