10 de feb. de 2020


CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Os nenos/as de 5 anos  (A e B) tivemos a visita de Elsa, unha chica que está a levar a cabo o programa nas aulas de Camiña con nós pola igualdade. A actividade estivo moi entretida e, entre todos/as, aprendimos algunhas cousas moi importantes e lembramos outras sobre este aspecto fundamental no noso desenvolvemento.
Esperamos impacientes a túa próxima visita!








RECEITA: SALMOREJO

Os nenos e nenas de 5 anos  (A e B) levamos a cabo na aula a receita do salmorejo como parte do proxecto que estamos a traballar (receita española típica do lugar onde parte a expedición). Para iso necesitamos os seguintes ingredientes: tomates, pan, allo, aceite e sal.
A verdade é que para ser a primeira vez que a facíamos quedounos espectacular e algún, incluso, repetimos na degustación porque estaba boísimo.







CONTOS E CANTOS DE NADAL

Como xa se achegan as vacacións de Nadal imos preparádonos para elas cunha sesión de contos e cantos de Nadal para os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria.







OBRADOIRO DE PASTA DE DENTES

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS B ESTIVEMOS A ELABORAR NA AULA PASTA DE DENTES CUNHA ACTIVIDADE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE VIGO. PARA ISO NECESITAMOS CATRO INGREDIENTES FUNDAMENTAIS: TERRA BRANCA, AUGA, SAL E ACEITE ESENCIAL DE LIMÓN.








TRABALLAMOS CO MILLO
No mes de outubro os nenos e nenas de 5 anos A e 5 anos B estivemos a traballar co millo: coñecimos como se sementa e se colleita o millo, comparamos mazarocas e tipos de grans, pesámolas e medímolas, quitamos os grans as mazarocas, construimos cos grans, fixemos bonecos/as e elaboramos un gran mural. Foi unha actividade moi divertida onde aprendimos moitas cousas.







3 de feb. de 2020

AULA DE 4 ANOS A

Na aula de 4 anos A seguimos sendo uns grandes investigadores, votade unha ollada:




AULA LEONS

Nestas novas semanas de curso a aula dos leóns estamos indagando no mundo de Exipto, este novo centro de ineterese potencia a nosa curiosidade, motivación, descubrimento e afianzamos as nosas potencionalidades.







Tamén comenzamos no  mundo das instalacións artísticas e psicomotrices onde a través do xogo non estructurado e mediante material de refugallo votamos a voar a nosa imaxinación, o afán de construir, destruir e volver a reconstruir, a exploración a manipulación... sempre a través dun entorno lúdico.









Por último non podía faltar un anaco dos nosos momentos de encontro de acompañamento dos iguais e de saber coidarnos e mimarnos.




Ao longo do mes de xaneiro os nenos e nenas de 5ºB de educación infantil (4 anos B) fixemos un montón de cousiñas coma estas:

Comenzamos o ano celebrando aniversarios!!! Este mes tocoulle a Yoel, moitas felicidades e grazas polo biscoito, estaba boísimo!!!








Que emoción!!! comezamos a descubrir as antigas Civilizacións Americanas, Incas, Aztecas e Maias!!



Entre todos  comezamos a construir o noso tótem do “Deus Sol” que ben o pasamos en compañía dos nosos compañeiros da clase da Mestra Puri.


O 30 de xaneiro celebramos o “DIA DA PAZ” montamos a nosa pequena pomba e as nosas mubes cheas de palabras bonitas. Pasámolo xenial cantando e bailando “apaga a luz, encende o planeta”.





OS NENOS/AS DA CLASE DOS COCODRILOS COMEZAMOS ESTE SEGUNDO TRIMESTRE  ASISTIR A SESIÓNS DE INSTALACIÓNS DE XOGO NON ESTRUCTURADO CON MATERIAL DE REFUGALLO 





TAMÉN METÉMONOS DE CHEO NO COÑECEMENTO DO ANTIGO EXIPTO