Ola, ola!!
Nesta entrada veredes diferentes cousiñas que fixeron os
crocodilos nestes últimos días.
Gracias a unha familia, temos na aula uns animaliños novos…
VERMES DE SEDA!
Os crocodilos dedican un momentiño da mañá para coidalos,
darlles de comer e limpar a sua caixa. Os nenos e as nenas son moi responsables
co seu coidado, e tratanos con moito agarimo e amor.
Todavía son moi pequeniños, por iso os temos que tratar con
moitísimo coidado.
Nunha caixa os cativos puideron ver o ciclo de vida dos
vermes: cómo fixeron o seu capullo, as mariposas
que naceron e os ovos que puxeron.
Ca axuda dun pao, collimos algún verme, vimos cunha lupa
todo o seu ciclo e fixemonos moitas preguntas: Medrarán máis? Que comen os
vermes? Os vermes beben? Qué temos que facer para coidar os vermes?
Os
crocodilos non para de coidar da natureza, por iso, na aula tamén temos plantas
aromáticas, tales como: menta, lavanda, albahaca, romero, manzanilla e perexil
Todas as mañás tocamolas para comprobar se necesitan auga ou non, sacamolas para fora para que lles de a luz natural, despois gardamolas na aula, e as deixamos no noso recanto. Mmmmmm cheiran de maravilla!! |
|
E así quedou o noso novo recanto
Estas semanas fixemos moitas
actividades, como por exemplo: xogar ao aforcado, ao pictionary, escribimos os
nomes das nosas plantas, atopamos intrusos, contamos, formamos números cos
policubos, fixemos construcións fermosas… moitisimas cousas! Móstrovos un
exemplo 😊
Esta semana tivemos a sorte de
disfrutar dos xogos da biblioteca do cole. Os crocodilos fixeron construcións
co Kapla, xogaron co robot e aprenderon cómo e por qué se movía cara a dereita
ou a esquerda, e xogaron ao zingo. Desfrutaron moitisimo pasarono moi ben!
No patio vivo temos novos materiais de refugallo e os
cativos/as o pasan de maravilla.
No día internacional da muller
traballadora vimos as historias de diferentes mulleres, unha delas foi Wangari
Maathai. Polo que, vimos todo o que fixo pola natureza, escoitamos canción
sobre ela e bailamos ao ritmo da música. Ademais, decoramos o seu retrato,
mirade que fermoso quedou.
Finalmente, gustaríame contarvos
que na aula tratamos diferentes temas de actualidade, un deles é a guerra. Polo
que, na asemblea falamos do que está sucedendo e fixemos diferentes mensaxes
relacionados ca paz.
Ata aquí todo por hoxe. Mándovos
unha aperta moi grande! 😊