4 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Vigo pesqueiro

Ola!
Os caracois e as formigas pasámonos por aquí para comentarvos que Vigo Pesqueiro viu ao noso cole para ensinarnos moitísimas cousas sobre o mar.
Grazas a Lourdes aprendimos que cunha nasa pódense cazar polbos, entre outros animais mariños, e comprobamos que a nasa pesa un montón! 
Tamén ensinounos un anzol, que non puidemos tocar porque picaba, e unha agulla especial para coser as redes de pesca.
A través do noso olfacto soubemos como cheiran as algas, os cravos e os mexillóns. 
Co noso tacto tocamos a area, e diferentes tipos de cunchas. 
Lourdes ensinounos diferentes tipos de pesca, e para comprender mellor as partes do barco, dividímonos en dous grupos: "O caimán negro" e "a perla negra".




(pincha na imaxe para acceder a galería de fotos)



Vémonos na seguinte andaina!
Apertas 💓💓








Ningún comentario:

Publicar un comentario