11 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Este Pipo non para de viaxar aos fogares dos caracois, que sorte ten! Nesta ocasión estivo no fogar do caracol Gabi, e aprendeu moitas cousas sobre as orcas.




Gracias a Gabi e a súa familia aprendimos que as orcas sempre están en manada e traballan en equipo. Soupemos que cada familia de orcas teñen o seu propio idioma, e ata poden camuflarse para que os depredadores non as atopen. Tamén nos sorprendeu o que miden as orcas, son xigantes, e non nos extraña porque comen moitísimo!

Para finalizar, Gabi e a súa familia trouxeron un puzzle enorme, que tivemos que montar entre todxs. Coma se fósemos unha manada de orcas traballando en equipo. 

Grazas por ensinarnos tantas cousas familia!💓


                                         (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Ata a próxima!

Apertas 😄










Ningún comentario:

Publicar un comentario