17 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

Ola familias!
Os caracois seguen aprendendo moítisimas cousas sobre o mar. 
Esta vez, grazas a familia de Yué, Pipo e os caracois descubriron curiosidades sobre o calamar colosal.



Entre as diversas curiosidades, Yué e a súa nai contáronnos que o calamar colosal pode chegar a medir 20 metros, é xigante! Tamén que teñen os ollos más grandes de todo o reino animal, e que poden cambiar de cor. Son tan grandes que non teñen depredadores!

Cando remataron a súa exposición, Yué e a súa nai ensináronnos a facer un marco de fotos cun calamar. Quedaron fermosos!

Moitas grazas! 💓


                                         (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Vémonos pronto!
Apertas 😊





Ningún comentario:

Publicar un comentario