Ola familias!
Aquí estamos de novo para contarvos que Pipo gozou da compañía de Lúa e da súa familia durante a Semana Santa. Ademais de pasalo xenial nas vacacións, Pipo aprendeu moitísimas cousas sobre as tartarugas mariñas.
Lúa e a súa familia contáronnos cousas moi interesantes sobre este animal mariño, como por exemplo que non teñen dentes, que poden durar maís de 50 anos. Tamén que algunhas tartarugas son moi pequenas e outras moi grandes.
Para por a guinda a esta exposición tan entretida, Lúa, a súa irmá e os seus pais ensináronnos a facer unha tartatuga de goma eva. As decoramos con moitos brillantes, e quedaron moi fermosas!
(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)Vémonos na seguinte andaina!
MOITAS GRAZAS familias 💓
Ningún comentario:
Publicar un comentario