Ola, ola familias!
Que ben o está pasando Pipo! Nesta ocasión, viaxou xunto ao caracol Gael, onde aprendeu multitude de cousas sobre as quenllas.
Gael e a súa familia comentáronnos curiosidades moi interesantes, como por exemplo que, as quenllas son tan antigas coma os dinosaurios, e que teñen un 6º sentido. Tampouco sabiamos que as quenllas nadan constantemente para non afogar, tamén cando durmen! As quenllas poden ter ata 3.000 dentes. Asombroso, verdade?
Cando remataron a exposición, Gael, a súa nai e o seu pai fixeron connosco unha manualidade sobre unha quenlla. Encantounos!
Moitísimas grazas familia 💓
Vémonos na seguinte andaina!
Apertas 😊

.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario