17 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

Ola familias!
Os caracois seguen aprendendo moítisimas cousas sobre o mar. 
Esta vez, grazas a familia de Yué, Pipo e os caracois descubriron curiosidades sobre o calamar colosal.



Entre as diversas curiosidades, Yué e a súa nai contáronnos que o calamar colosal pode chegar a medir 20 metros, é xigante! Tamén que teñen os ollos más grandes de todo o reino animal, e que poden cambiar de cor. Son tan grandes que non teñen depredadores!

Cando remataron a súa exposición, Yué e a súa nai ensináronnos a facer un marco de fotos cun calamar. Quedaron fermosos!

Moitas grazas! 💓


                                         (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Vémonos pronto!
Apertas 😊





16 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

Ola familias!

Continuamos unha semana mais coa participación das familias no proxecto da aula. Esta semana Bruno e a súa familia trouxeron unha investigación sobre AS QUENLLAS!

(preme na imaxe para acceder ao documento)

Grazas as explicacións de Bruno e a súa familia, aprendimos as características e vida das quenllas: que comen, como nacen ou cales son os tipos que existen nos fondos mariños. Sabíades que as quenllas teñen 7 sentidos? e que tamén podemos atopalas en augas doces? e que cando lles cae un dente volve sairlle outro? ENCANTOUNOS! Bruno ensinounos o deseño que fixo no block de investigación e atopámolo dentro da boca dunha quenlla: que medo!









(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)








Moitas grazas Bruno e familia por aprendernos tantas cousas sobres as quenllas!

Vémonos na seguinte participación familias💓! 









12 de maio de 2025

PROXECTO: DA AULA A HORTA.

PASIÑO PASIÑO FACEMOS CAMIÑO. 

Os alumnos de 4 anos seguimos avanzando dentro do noso proxecto. Esta vez afianzamos ciontidos da Horta e quixemos saber como funciona un gran Xardín por iso nos fomos de excursión A Fundación Sales onde demos resposta as nosas curiosidades. 

 












11 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Este Pipo non para de viaxar aos fogares dos caracois, que sorte ten! Nesta ocasión estivo no fogar do caracol Gabi, e aprendeu moitas cousas sobre as orcas.




Gracias a Gabi e a súa familia aprendimos que as orcas sempre están en manada e traballan en equipo. Soupemos que cada familia de orcas teñen o seu propio idioma, e ata poden camuflarse para que os depredadores non as atopen. Tamén nos sorprendeu o que miden as orcas, son xigantes, e non nos extraña porque comen moitísimo!

Para finalizar, Gabi e a súa familia trouxeron un puzzle enorme, que tivemos que montar entre todxs. Coma se fósemos unha manada de orcas traballando en equipo. 

Grazas por ensinarnos tantas cousas familia!💓


                                         (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Ata a próxima!

Apertas 😄










9 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Aquí estamos de novo para contarvos que Pipo gozou da compañía de Lúa e da súa familia durante a Semana Santa. Ademais de pasalo xenial nas vacacións, Pipo aprendeu moitísimas cousas sobre as tartarugas mariñas.



Lúa e a súa familia contáronnos cousas moi interesantes sobre este animal mariño, como por exemplo que non teñen dentes, que poden durar maís de 50 anos. Tamén que algunhas tartarugas son moi pequenas e outras moi grandes. 

Para por a guinda a esta exposición tan entretida, Lúa, a súa irmá e os seus pais ensináronnos a facer unha tartatuga de goma eva. As decoramos con moitos brillantes, e quedaron moi fermosas!

                                           (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Vémonos na seguinte andaina!

MOITAS GRAZAS familias 💓









PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias! 

...e chegamos a inicios de Maio con outra participación das familias no noso proxecto de aula. Ama e a familia de Enzo investigaron sobre... os diferentes tipos de PESCA NA COSTA! 

                                                  (preme na imaxe para acceder ao contido)

Enzo e a súa familia explicáronnos os diferentes tipos de pesca na costa galega: pesca con nasas, pesca de arrastre e a pesca con trampas. Para poder visualizalo, construíron con material de refugallo unha nasa para os mexillóns, unha trampa para os cangarexos e unha red de pesca para os diferentes peixes. 

A continuación, e grazas ao material das diferentes técnicas de pesca e o deseño dos diferentes animais mariños, puidemos xogar a pescar diferentes tipos de peixes, moluscos, crustáceos... e tamén aprendimos como medran os mexillóns na nasa: PASÁMOLO XENIAL! 


(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas Enzo e familia por aprendernos sobre a pesca na costa!

Vémonos na seguinte participación familias💓! 










4 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Vigo pesqueiro

Ola!
Os caracois e as formigas pasámonos por aquí para comentarvos que Vigo Pesqueiro viu ao noso cole para ensinarnos moitísimas cousas sobre o mar.
Grazas a Lourdes aprendimos que cunha nasa pódense cazar polbos, entre outros animais mariños, e comprobamos que a nasa pesa un montón! 
Tamén ensinounos un anzol, que non puidemos tocar porque picaba, e unha agulla especial para coser as redes de pesca.
A través do noso olfacto soubemos como cheiran as algas, os cravos e os mexillóns. 
Co noso tacto tocamos a area, e diferentes tipos de cunchas. 
Lourdes ensinounos diferentes tipos de pesca, e para comprender mellor as partes do barco, dividímonos en dous grupos: "O caimán negro" e "a perla negra".




(pincha na imaxe para acceder a galería de fotos)



Vémonos na seguinte andaina!
Apertas 💓💓