17 de mar. de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES GOLFIÑOS E VAGALUMES 17 DE MARZO


PROPOSTA ACTIVIDADES 1
UN CONTO CADA DÍA: escribindo Contos en pixama en Google, cada día atoparemos un conto novo (contado por Garavata Torla) para ver, escoitar e pasar un rato agradable en familia

             

ACTIVIDADE PROXECTO ARTE: “O GUERNICA” de Picasso
-       Busca a imaxe do cadro nalgún libro que poidas ter na casa ou en internet.
-       Obsérvao detidamente durante un anaco.
-       Buscamos as personaxes: debuxa as personaxes que atopes no cadro e ponlles o nome que te guste para elas.
-       Cantas personaxes atopaches?
ADIVIÑA DE OBXECTOS: coloca nunha bolsa ou mochila a maior cantidade de obxectos que poidas (que non pinchen). Despois, un xogador vendará os ollos e, durante un minuto, deberá adiviñar que hai na bolsa. A continuación, intercamnbiamos os papeis, Gañará o xogador/a que máis obxectos adiviñe.
TODOS/AS A BAILAR: preme no enlace e intenta seguir a coreografía

PROPOSTA LÓXICO MATEMÁTICA PARA ESTES DÍAS


 
     PROPOSTAS  LÓXICO-MATEMÁTICA PARA
                           ESTES DÍAS

3 ANOS:

- Trasvasar  elementos ( area, feixóns, garavanzos…) en diferentes recipientes e ver se quedan cheos, baleiros, con cantas  culleres se encheu o recipiente… e recoñecer  despois o número escrito nunhas tarxetiñas feitas con folio.

- Facer series con tapóns, cortizas, pinturas… de distintas cores e tamaños.

- Conteo (1-6) . Por exemplo:  en vasos de iogur, arroz, compotas… poñerlle un nº  a cada vaso, cun rotulador,  e eles teñen que meter, por exemplo boliñas feitas de papel. dentro esa cantidade.

- Darlle os vasos anteriores desordenados e eles que ordenen a serie do 1-6.

- Pedirlle que collan o vaso co nº ( 5, 4….).

-  Xogo da manopla: calcamos 2 mans do neno , recortamos . Cun dado lanzado vemos que puntiños saen , os contamos e poñemos na manopla tantas pinzas da roupa como puntiños saen.

- Crebacabezas: poden ser os que teñamos na casa ou feitos: nun folio ou medio folio facemos un debuxo e logo cortámolo en tres ou catro tiras poñéndolle abaixo ( como unha pestana) o nº que lle corresponda recortar e xa temos o crebacabezas fixándonos no nº para armalo.

- Construír torres con pezas e vasos de iogur.

- Buscar formas na nosa casa ( círculos, cadrados, triángulos)



4 ANOS:

- Conteo  1- 1.Poñer vasos  de iogur ou plásticos  os números do 1 ata o 10…. Facer boliñas de papel  e meter tantas boliñas como o número do vaso.

- Os vasos anteriores desordenados ordenalos  do 1 ata o 10… e ao revés do 10… ata o 1.

- Discriminación numéricas dáme o vaso que ten o nº….

- Series con tapóns de distintos tamaños, cores… con froitas….

- Buscar formas na nosa casa ( círculos, cadrados, triángulos, rectángulos).

- Memoris  de formas e números  ( que podemos facer  con pequenas tarxetiñas de papel, se non temos. Debuxándoos).

- Xogo con música . Poñer varias tarxetas con números no chan , poñer música cando pare dicir un número e poñerse enriba.

5 ANOS:

-  Escribir os números do 1- 20 e do 20-1.

- Escribir a recta numérica do 1-20  en separación e tapar con tapóns ou un anaco de papel, por exemplo os números impares , e teñen que dicir que número falta.

- Nesa mesma recta dicir o número anterior e posterior de un escollido.

- Na mesma recta dar  o nº de saltiños que saia nun dado , situados nun nº, cun tapón e  tanto para diante como para atrás e dicir en que nº nos situamos.

- Dominós, parchís, oca.
 Resultado de imagen de IMAGEN NIÑOS JUGANDO CON NUMERO

16 de mar. de 2020

CARTA OS CATIVOS E CATIVAS DE 4 ANOS E AS SÚAS FAMILIAS!!


Benqueridas familias e cativos/as,
Xa que nos atopamos nunha situación diferente a habitual e como ímos a pasar una temporadiña sen vernos e sen vir a escola L, as mestras queremos plantexárvos una serie de ideas/actividades/vivencias/exploracións… por si, de xeito voluntario, queredes facer cos peques na casa e levar o mellor posible esta tempada. Polo tanto, estamos diseñando unha recopilación o máis axeitada posible e que iremos subindo ao blogue: http://asementeiradenavia.blogspot.com/

LEMBRADE QUE NESTES DÍAS O PRINCIPAL É QUE COMO NENOS E NENAS QUE SODES, XOGUEDES, DESCANSEDES E DISFRUTEDES DAS VOSAS FAMILIAS SEN ESQUECERVOS DE DISFRUTAR DA AUTONOMÍA NO QUEFACER DIARIO.

AGARDAMOS QUE PASEN PRONTIÑO ESTES DÍAS E QUE POIDAMOS VOLTAR A RUTINA CANTO ANTES. SEDE MOI RESPONSABLES E NON SAÍADES DAS CASAS, POIS ESTAMOS DESEXANDO VOLTAR A VEROS E SEGUIR COMPARTINDO MOMENTOS DE RISAS, XOGOS E COMPLICIDADE CONXUNTA:
¡¡¡¡ENTRE TODOS E TODAS ÍMOS CONSEGUIR BOTAR O BICHIÑO FÓRA POIS:
A UNIÓN FAI A FORZA:

#nósquedamonosnacasa #querémosvosmoito#todovaisairben.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. UNHA APERTA.

AS TITORAS DE 4 ANOS!!!

CARTA AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS E ÁS SÚAS FAMILIAS 16 DE MARZO


Ola familias:

Somos Laura e Maite e queriamos mandarvos unha mensaxe moi importante.

En primeiro lugar decirvos que vos botamos mooooito de menos. Co ben que estaríamos todos e todas no cole facendo un montón de cousas divertidas (e algunha aburrida tamén). Pero non poder ser. Agora toca facer caso da mensaxe: QUEDA NA CASA!.

Xa sabemos que co maiores que sodes (os maiores de infantil) non ides ter problema en cumplilo.

Que vai ser difícil? SI

Que vai ser aburrido? SI

Que queremos baixar á rúa? SI, pero non podemos.

Asi que, entre todos/as, imos intentar pasar este rato o máis entretido posible. Pero para iso necesitamos da vosa axuda. E non digades nada pero as vosas familias tamén necesitan moito que lles axudedes. Xa sabemos que podedes facelo así que veña, MANS Á OBRA:

1.     Aséate e vístete coma todos os días (podes aproveitar para poñer esa roupa que case nunca pos)

2.     Cada mañá, durante o almorzo familiar, podedes facer unha pequena asemblea decidindo, entre todos/as, cales serán as tarefas principais do día.

3.     Cada día podedes colaborar na casa coas tarefas máis sinxelas e axeitadas á vosa idade:

o   poñer e recoller a mesa,

o   meter e sacar a roupa da lavadora,

o   participar, na medida do posible, na elaboración das comidas,

o   facer a cama.

4.     Non abusedes da televisión, do ordenador e da tablet. Poderedes empregalas (máis do normal) pero sen perder a cabeza. Pactade previamente coas vosas familias o tempo que se adicaredes a cada unha.

5.   Adícalle un tempo ás actividades que aparecen no blogue do cole A sementeira de Navia (publicaranse cada día lectivo). Así, cando todo isto remate, podedes levar algunha á aula e ensinarlla aos compis.

6.     Comparte coa túa familia actividades que poidades facer todos/as xuntos: xogos de mesa, manualidades, receitas…Calqueira actividade coas familia será estupenda e maravillosa.

7.    Podedes participar en actividades programadas grupales entorno ao Corona Virus (aplausos grupais agradecendo ao equipo médico a súa tarefa, debuxos pegados nos cristais das ventás...) Pode ser un momento divertido e un máis de entretenimiento. Ademáis de que os nenos e nenas sinten que eles poden colaborar mellorando un pouquiño esta situación.

8.      E o máis importante: XOGA, RI, BAILA, CANTA E, SE FAI FALTA, BERRA

Ao rematar o día, nun momento de relax e tranquilidade, as familias podedes falar cos nenos e nenas e comentar esta situación tan extraordinaria.
Os papás e as mamás podedes contarlles como vos sentides, explicando que para vós tamén é totalmente inusual.
Procurando ver a cara positiva de todo esto, valorando o tempo que pasades todos xuntos, e imaxinando cousas que poderedes facer cando esto remate e todo se normalice.
É a maneira de que os nenos e nenas conten como se sinten e expresen as súas dúbidas sobre esta situación.

De momento nada máis. Contamos convosco porque sabemos que podedes facelo.

Ademais, podedes enviarnos calquera dúbida, pregunta ou suxerencia ao nos email: Ou, simplemente, contarnos algo que vos apeteza. Sempre respondemos.

AULA GOLFIÑOS­­ - PROFE LAURA (5 ANOS A):

ceipcastelaoinfantil5a@gmail.com

AULA VAGALUMES - PROFE MAITE (5 ANOS B):


ceipcastelaoinfantil5b@gmail.com

AULAS DE TRES AÑOS. CARTAS PARA LAS FAMILIAS Y LOS NIÑOS


CARTA  PARA LOS COCODRILOS Y LOS LEONES

HOLA CHICOS, SOMOS LAS PROFES  VANE Y ROSA. DURANTE ALGUNOS DÍAS NO NOS VAMOS A PODER VER EN EL COLE, NI EN LOS PARQUES, NI PASEANDO…  PORQUE NO PODEMOS SALIR DE CASA.  PAPÁ O MAMÁ YA OS EXPLICARÍAN QUE HAY UN “PEQUEÑO BICHITO” LLAMANDO CORONAVIRUS, QUE SI CHOCA CON NUESTRO CUERPO NOS PODEMOS PONER MUY  ENFERMOS: TENDRÍAMOS MUCHA TOS, FIEBRE, DOLOR DE CABEZA Y ESTARÍAMOS TAN CANSADOS QUE NO TENDRÍAMOS LA ENERGÍA SUFICIENTE PARA PODER JUGAR.
QUIERO DECIROS, QUE EN CUANTO ATRAPEN AL “BICHITO” Y SE DESAGAN DE ÉL, VOLVEREMOS TODOS AL COLE A JUGAR, A REÍR, APRENDER Y A DISFRUTAR DE TODO LO QUE ALLÍ HACEMOS.
AHORA ES MOMENTO DE QUEDARNOS EN CASA, Y PARA QUE NO OS ABURRÁIS, LES VAMOS A DECIR A LOS PAPÁS Y MAMÁS QUE JUEGOS O ACTIVIDADES PODÉIS HACER CON ELLOS, Y  ASÍ, CUANDO VOLVAMOS NOS CONTÁIS CUANTAS HABÉIS HECHO Y QUIEN OS HA AYUDADO.
SER SUPER VALIENTES, Y SI ALGUNA VEZ TENÉIS GANAS DE BAJAR AL PARQUE PORQUE ESTÁIS CANSADOS DE ESTAR EN CASA, ES MEJOR QUE NO LO HAGÁIS, PORQUE RECORDAR  QUE PODEMOS PONERNOS MALITOS, Y TODAVÍA NOS QUEDAN MUCHAS COSAS DE LAS QUE DISFRUTAR EN EL COLE.
OS ECHAREMOS UN MONTÓN DE MENOS. OS MANDAMOS UN ABRAZO MUY FUERTE Y UN BESO ENORME.  DESEAMOS VEROS MUY PRONTO.
OS QUIEREN.

LA PROFE VANE Y LA PROFE ROSA
               




                 ¡¡¡¡¡ TOCA JUGAR EN CASA !!!!









CARTA PARA LAS FAMILIAS DE LOS ALUMNOS DE TRES AÑOS


Hola familias!!

Estamos recopilado algunas actividades/ideas para que los niños puedan hacer en casa (bajo vuestra supervisión), y así intentar que el tiempo que tenemos que estar sin cole sea lo más ameno, lúdico y divertido posible.  Sabemos que serán días complicados, y nuestra idea no es agobiaros con ellas, sino ayudaros a llevar de la mejor manera posible la cuarentena con vuestras pequeñas “fierecillas” encerradas en casa. 

A medida que pasen los días iremos subiendo más actividades o sugerencias al blog de infantil http://asementeiradenavia.blogspot.com/

Deseamos que esto pase lo más pronto posible y poder volver a veros, para compartir con vosotros y con vuestros niños momentos mágicos de su desarrollo madurativo.
Un abrazo.

Vanesa y Rosa.

VIDEO EXPLICATIVO PARA LOS NIÑOS



Pincha  en este título ¿QUE ES EL CORONAVIRUS?

6 de mar. de 2020

MOVÉMONOS NA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE


Os cocodrilos pásano en grande nas clases de Psicomotricidade: corremos, saltamos...e divertímonos