20 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Xa estamos de volta cunha nova participación das familias. Esta semana Ama viaxou a casa de Leo e a súa familia que fixeron unha investigación sobre... AS ESTRELAS DE MAR! 


(preme na imaxe para acceder a galería de fotos) 

Leo e a súa familia aprendéronnos que hay moitos tipos de estrelas de mar, pertencen a familia dos equinodermos, non teñen ósos e que teñen cinco brazos!. Tamén ensináronnos as estrelas de mar mais aprendemos que as estrelas de mar mais incríbles do mundo mariño: 

(preme na imaxe para acceder ao vídeo explicativo)

Cun protagonista de fondo, que moitos e moitas coñecedes: CALAMARDO, coloreamos o seu debuxo para logo xogar cun divertido xogo co que Leo nos agasallou: un comecocos: QUE BEN O PASAMOS!


Moitas grazas Leo e familia por aprendernos sobre as estrelas de mar e agasallarnos tantas cousas!

Vémonos na seguinte participación familias💓! 





 



Ningún comentario:

Publicar un comentario