30 de out. de 2020

 SAMAÍN

     Ola familias! Hoxe propóñovos celebrar unha merenda de Samaín virtual, a continuación déixovos algunhas suxestións de comidas terroríficas para que fagades na casa, pero podedes preparar as vosas propias receitas.

        Gustaríame compartir as vosas fotografías no blog, así que poñédevos os vosos traxes máis aterrecedores e amosádenos as vosas creacións. Enviádeme as imaxes ó correo de aula antes do domingo 1 de novembro ás 20:00 e eu publicareinas a principios da vindeira semana.

     






HOXE É O ANIVERSARIO DE ... ANDRÉ 


MOITOS PARABÉNS




29 de out. de 2020

A BRUXA MARUXA

Ola familias!

Hoxe comezamos as propostas para o curso 2020/2021, como esta semana estamos a celebrar o Samaín propóñovos escoitar e cantar a canción "A Bruxa Maruxa" de María Fumaça 




A continuación podedes facer a vosa propia Bruxa Maruxa, para iso propóñovos a seguinte manualidade:

-Comezaremos botando pintura azul na palma dunha man e amarela na outra e frotaremos as dúas máns ata que a pintura cambie de cor.
-Despois estamparemos a man.



-Finalmente podemos decorala con diferentes elementos creando a nosa bruxa.


Hoxe na clase dos crocodilos celebramos o aniversario do noso compañeiro Mateo.


  MOITOS PARABÉNS 


 

                                                   

  







12 de xuño de 2020

MEMORY

Bos días rapac@s e familias!! Hoxe venres faremos un memory coa baralla española. Déixovos este video.




ESPERO QUE VOS GUSTE!

ÚLTIMAS FOTOS DOS GRANXEIR@S E DINOSAURIOS: A MAXIA DA RIQUEZA COMPARTIDA!!!

BOS DÍAS CATIVOS, CATIVAS... FAMILIAS!!! NESTE VENRES 12 DE XUÑO DO 2020 DAMOS POR FINALIZADA ESTA ANDAINA VIRTUAL, PERO ISTO NON É UNHA DESPEDIDA, SE NÓN UN CONTINUAREMOS Á VOLTA!!

 COMEZAMOS O CURSO CUNHA EMOCIÓN NON CONTENIDA E UN MONTE DE NERVIOS, CONECTAMOS E CARGÁMONOS DE LUZ E ENERXÍA. ESA CONEXIÓN VIUSE ENGRANDECIDA POR UN MOMENTO DE PARÓN, RARO, LOCO... PERO QUE ACHEGOUNOS TODAVÍA MÁIS: A MAXIA DA RIQUEZA COMPARTIDA RESUME ESTE MOMENTO. GRAZAS POLO VOSO CONSTANTE ESFORZO, CARIÑO E SENSIBILIDADE!!!!

ZENOIRAS NUMÉRICAS








INGLÉS








 TUPPERS


DIARIO #TODOVAISAÍRBEN#



ABANO, ENSALADA DE CÍRCULOS, PUNTO DE ENCONTRO, RETRATO...


MANDALA

EN RUTA...


O XOGO DA CESTA!!













LETRAS CORPORAIS

LIBERAMOS A PELOTA!!


XOGO DOS IMÁNS


ABANO






PUNTO DE ENCONTRO




PALABRAS QUE COMEZAN POR...






CARTAS QUE VEÑEN E VAN!!!



EXPERIMENTOS!!




E XA PARA PECHAR ESTA SECCIÓN DE FOTIÑOS, ADICÁMOSVOS ESTE VÍDEO: 

QUE TEÑADES UN MOI FELIZ VERÁN GRANXEIR@S E DINOS!!