SAMAÍN
Ola familias! Hoxe propóñovos celebrar unha merenda de Samaín virtual, a continuación déixovos algunhas suxestións de comidas terroríficas para que fagades na casa, pero podedes preparar as vosas propias receitas.
Gustaríame compartir as vosas fotografías no blog, así que poñédevos os vosos traxes máis aterrecedores e amosádenos as vosas creacións. Enviádeme as imaxes ó correo de aula antes do domingo 1 de novembro ás 20:00 e eu publicareinas a principios da vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario