29 de out. de 2020

A BRUXA MARUXA

Ola familias!

Hoxe comezamos as propostas para o curso 2020/2021, como esta semana estamos a celebrar o Samaín propóñovos escoitar e cantar a canción "A Bruxa Maruxa" de María Fumaça 




A continuación podedes facer a vosa propia Bruxa Maruxa, para iso propóñovos a seguinte manualidade:

-Comezaremos botando pintura azul na palma dunha man e amarela na outra e frotaremos as dúas máns ata que a pintura cambie de cor.
-Despois estamparemos a man.



-Finalmente podemos decorala con diferentes elementos creando a nosa bruxa.


Hoxe na clase dos crocodilos celebramos o aniversario do noso compañeiro Mateo.


  MOITOS PARABÉNS 


 

                                                   

  







Ningún comentario:

Publicar un comentario