25 de out. de 2014

18 de out. de 2014

AVANCES NOS RECANTOS

Estos últimos días os nenos e nenas de 3 anos se iniciaron nos recantos. Aquí tedes unha proba dos seus avances. Laura

14 de set. de 2014

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Ola familias, aquí tedes unha mostra do ben que o pasan os nenos e nenas de 3 anos no cole. A adaptación dos primeiros grupos está a ser moi boa. Confiamos que continúe deste xeito. Laura

2 de set. de 2014

PERIODO DE ADAPTACIÓN. 2014-2015

Ola papás e mamá, como vos dixen na reunión de xuño, nas carpetas de información do período de adaptación de setembro falta o menú das merendas. Mándovolo a continuación. Tamén vos mando a data das entrevistas que temos programadas para os primeiros día de setembro. Lembrade que o nenos e as nenas se icorporarán ao cole ao día seguinte de ter esta entrevista individual. Con horario de 9-12 ata que remate o período de adaptación( O día 23 de setembro incluido). Dende o día 24 de setembro seguiremos a horario habitual do cole de 9 a 14. Se algunha familia ten moita dificultade para vir na data sinalada que se poña en contacto conmigo para poder arranxalo. Laura


25 de xuño de 2014

NENOS E NENAS DE 5 ANOS

Ola familias, gustaríame que, cando teñades un ratiño de tranquilidade lle lésedes esta carta aos nenos e nenas de 5 anos. Ola chicos guapos. Sabedes unha cousa? Eu tamén vos boto de menos. Éstos días estiven ordenando a nosa clase, recollendo os libros que utilizamos durante este último ano, e atopeu moitísimas cousas que fixemos e desfixemos. Todas estas cousas xa non van a continuar outro ano máis con nós, como ocurriu durante 3 anos. Agora a nosa andaina xuntos rematou. Estivemos 3 anos da nosa vida xuntos. 3 anos moi, moi importantes tanto para vós como para mín. Aprendimos moitísimas cousas. Vós aprendestes a traballar xuntos e a querevos moitisísimo. E eu aprendín que ser nenos é o maior agasallo do mundo. Estos meses de verán tedes que xogar moitísimo, e cando non queiran xogar con vos, enfadádevos cos papás se non deixan o que estan facendo para xogar xuntos. Explicádelle aos papás que a vos os da igual levar a roupa sen planchar, e tampouco vos importa comer dous día seguidos a mesma carne con macarróns , e que é super divertido tumbarse enriba das sabas sen recoller. O que queredes é acostarvos nas sabas con olor aos contos que vos leen os papás cada día, e imaxinar pola noite, cómo será o día seguinte. Preguntádelles aos papás cómo pasaban eles os seus veráns. Seguro que vos contan moitas aventuras inesquecibles. Gracias nenos e nenas de 5 anos por formar parte das miñas lembranzas inesquencibles. Profe Laura.