25 de xuño de 2014
NENOS E NENAS DE 5 ANOS
Ola familias, gustaríame que, cando teñades un ratiño de tranquilidade lle lésedes esta carta aos nenos e nenas de 5 anos.
Ola chicos guapos. Sabedes unha cousa? Eu tamén vos boto de menos.
Éstos días estiven ordenando a nosa clase, recollendo os libros que utilizamos durante este último ano, e atopeu moitísimas cousas que fixemos e desfixemos.
Todas estas cousas xa non van a continuar outro ano máis con nós, como ocurriu durante 3 anos. Agora a nosa andaina xuntos rematou.
Estivemos 3 anos da nosa vida xuntos. 3 anos moi, moi importantes tanto para vós como para mín. Aprendimos moitísimas cousas. Vós aprendestes a traballar xuntos e a querevos moitisísimo. E eu aprendín que ser nenos é o maior agasallo do mundo.
Estos meses de verán tedes que xogar moitísimo, e cando non queiran xogar con vos, enfadádevos cos papás se non deixan o que estan facendo para xogar xuntos. Explicádelle aos papás que a vos os da igual levar a roupa sen planchar, e tampouco vos importa comer dous día seguidos a mesma carne con macarróns , e que é super divertido tumbarse enriba das sabas sen recoller. O que queredes é acostarvos nas sabas con olor aos contos que vos leen os papás cada día, e imaxinar pola noite, cómo será o día seguinte.
Preguntádelles aos papás cómo pasaban eles os seus veráns. Seguro que vos contan moitas aventuras inesquecibles.
Gracias nenos e nenas de 5 anos por formar parte das miñas lembranzas inesquencibles.
Profe Laura.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Grazas por esta carta tan bonita que fai que se nos salten as bagoas!
ResponderEliminarDe parte de Ayla o que xa sabes que te quere un montón, que garda no recunchiño do seu corazón todos eses momentos, e que tamén te bota moito de menos!
Por sorte para nós non te deixamos, xa que en setembro volvemos con Jonás e Ayla e nós seguiremos contigo tres aniños máis!
Disfruta do verán.
Besiños de todos, Ayla, Jonás, Carlos e Sara