6 de feb. de 2022

PROPOSTAS PARA OS CROCODILOS E OS LEÓNS (SEMANA DO 7 AO 11 DE FEBREIRO)

 

Ola crocodilos e leóns! Hoxe traémosvos varias actividades para que fagades na casiña. Esperamos que vos gusten!

Para comezar, que vos parece facer unha xoaniña de papel?

Pois so tes que conseguir estes materiais:




Agora facede clic na seguinte ligazón e seguide os seguintes pasos para facer a xoaniña

https://www.youtube.com/watch?v=JW8f_3zTgdI

 

Que vos parece se facedes un boneco de neve con cousiñas que tedes por casa? Móstrovos varios exemplos para que collades ideas. Esperamos que vos gusten!

MANS A OBRA!






Na seguinte actividade tedes que atopar elementos propios do inverno. Unha vez que os atopedes, escribide o seu nome e facede un debuxo de cada elemento atopado.




Agora imos facer unha actividade sobre grafismos. So tedes que coller os seguintes materiais e comezar a crear!







Móstrovos varios exemplo de grafismos:







E por último…, imos facer un pouquiño de ioga! Se visualizades o seguinte vídeo podedes facer diferentes posturas que vos axudan a relaxarvos. Espero que o disfrutedes!

https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog






Ata aquí todo por hoxe!

Vémonos pronto crocodilos e leóns!

Unha aperta! 😊


5 de feb. de 2022

INICIAMOS O PROXECTO DAS BOLBORETAS NA AULA DE 3 ANOS B

DESPOIS DE ADIVIÑAR O NOME DA NOSA AULA, COMEZAMOS A FAMILIARIZARNOS CON ESTE FERMOSO INSECTO E FIXEMOS ESTA BONITA MANUALIDADE:
ADEMÁIS ADORNAMOS A PORTA DA NOSA AULA CONVERTÍNDONOS EN BOLBORETAS! PARA ISO DECORAMOS UNHA CON ACUARELAS, E PEGAMOS A NOSA FOTO
AS NOSAS FAMILIAS COMEZARON A ACHEGAR MATERIAS RELACIONADOS CO PROXECTO, ASÍ QUE CREAMOS UN NOVO RECUNCHO ONDE PODEMOS INVESTIGAR E GOZAR. ENCÁNTANOS!
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. POUCO A POUCO ENSINAREMOS AS COUSIÑAS QUE IMOS APRENDENDO SOBRE AS BOLBORETAS. MOITOS BICOS!

SEMENTANDO PAZ NA AULA DAS BOLBORETAS

O PASADO 30 DE XANEIRO CONMEMOROUSE O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. NA AULA DAS BOLBORETAS ESTIVEMOS A FALAR QUÉ É ISO DA “PAZ” E CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN QUE TRATÁBASE DE “SEMENTAR” BICOS, APERTAS, AMOR, POLO QUE APROVEITAMOS O NOSO BLOC DE ARTE PARA PLASMAR O QUE PENSABAMOS. ​ MIRADE QUE CHULADA!
TAMÉN DEIXAMOS A NOSA PEGADA COLABORANDO NA DECORACIÓN DUNHA ÁRBORE ONDE PLASMAMOS QUE É A PAZ PARA NÓS.
E POR ÚLTIMO BAILAMOS O SÓN DE “MAMÁ CABRA” REPRESENTANDO “A DANZA DA PAZ” ​ MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!

4 de feb. de 2022

INICIAMOS O PROXECTO DAS XOANIÑAS NA AULA DE 3 ANOS A

NON PODIAMOS INICIARNOS DOUTRA MANEIRA NO MUNDO DOS PROXECTOS QUE FACENDO O QUE DA NOME Á NOSA AULA: AS XOANIÑAS. 

COMEZAMOS?


MOITAS GRAZAS AS FAMILIAS POLOS MATERIAIS APORTADOS. SEN A VOSA COLABORACIÓN SERÍA MOI DIFÍCIL LEVAR A CABO ESTE PROXECTO COAS VOSAS XOANIÑAS.







ÚLTIMAS NOVAS NA AULA DAS XOANIÑAS

OLA FAMILIAS!

NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS NA AULA DAS XOANIÑAS ESTIVERON A ACONTECER ALGUNHAS NOVIDADES:

    COMEZAMOS O PRÉSTAMO DE CONTOS DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA

COMO XA SABEDES, TODOS OS LUNS OS NENOS E NENAS LEVARÁN UN CONTIÑO DIFERENTE A CASA PARA PASAR UN RATO ENTRETIDO EN FAMILIA.

              CELEBRAMOS O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

OS PEQUERRECHOS/AS DA AULA DE 3 ANOS A QUIXERON PARTICIPAR NESTA CELEBRACIÓN SEMENTANDO AMOR, AMIZADE E PAZ.

O NOVO PROXECTO DOS LEÓNS!

 Ola a todos e a todas! 🐞


Esta semana os leóns comezaron o novo proxecto do trimestre coas xoaniñas. 


Pita, unha xoaniña moi pequena, deixou unha carta con pistas. Tivemos que atopalas todas para descubrir a palabra secreta  que nos levaría a un tesouro.




Deseguido, ordeamos as imaxes e colocamos as letras correspondentes…

Xa podemos descubrir o tesouro! Pita deixou unha xoaniña de chocolate para cada un dos leóns! 

 


Finalmente, ordeamos por equipos o novo recanto da oficiña e descubrimos algunhas cousas como o ciclo da vida!



Así é a nosa nova oficiña!


3 de feb. de 2022

ACTIVIDADES DE MÚSICA 1-4 de Febreiro

 Esta semana déixovos dous vídeos para que traballedes en casa coa música.Un deles é sobre a música do acuario que traballamos xa na clase e a outra unha música que veremos esta semana: o león.

https://www.youtube.com/watch?v=Biyifc1syGg


https://www.youtube.com/watch?v=a4RJ8yjFLwE


Tamén podedes escoitar de repaso a que foi a canción do Día da Paz deste ano “Pequeño planeta”

https://www.youtube.com/watch?v=_Wpv1czv08A


Podedes repasar as distintas cancións que aprendemos: “Canción dos dedos da man”, “Tres parrulos brancos”, “Caimanciño”, “Eu perdín meu zapatiño”, “A castaña Toniña”...