4 de feb. de 2022

O NOVO PROXECTO DOS LEÓNS!

 Ola a todos e a todas! 🐞


Esta semana os leóns comezaron o novo proxecto do trimestre coas xoaniñas. 


Pita, unha xoaniña moi pequena, deixou unha carta con pistas. Tivemos que atopalas todas para descubrir a palabra secreta  que nos levaría a un tesouro.




Deseguido, ordeamos as imaxes e colocamos as letras correspondentes…

Xa podemos descubrir o tesouro! Pita deixou unha xoaniña de chocolate para cada un dos leóns! 

 


Finalmente, ordeamos por equipos o novo recanto da oficiña e descubrimos algunhas cousas como o ciclo da vida!



Así é a nosa nova oficiña!


Ningún comentario:

Publicar un comentario