6 de feb. de 2022

PROPOSTAS PARA OS CROCODILOS E OS LEÓNS (SEMANA DO 7 AO 11 DE FEBREIRO)

 

Ola crocodilos e leóns! Hoxe traémosvos varias actividades para que fagades na casiña. Esperamos que vos gusten!

Para comezar, que vos parece facer unha xoaniña de papel?

Pois so tes que conseguir estes materiais:




Agora facede clic na seguinte ligazón e seguide os seguintes pasos para facer a xoaniña

https://www.youtube.com/watch?v=JW8f_3zTgdI

 

Que vos parece se facedes un boneco de neve con cousiñas que tedes por casa? Móstrovos varios exemplos para que collades ideas. Esperamos que vos gusten!

MANS A OBRA!






Na seguinte actividade tedes que atopar elementos propios do inverno. Unha vez que os atopedes, escribide o seu nome e facede un debuxo de cada elemento atopado.




Agora imos facer unha actividade sobre grafismos. So tedes que coller os seguintes materiais e comezar a crear!







Móstrovos varios exemplo de grafismos:







E por último…, imos facer un pouquiño de ioga! Se visualizades o seguinte vídeo podedes facer diferentes posturas que vos axudan a relaxarvos. Espero que o disfrutedes!

https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog






Ata aquí todo por hoxe!

Vémonos pronto crocodilos e leóns!

Unha aperta! 😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario