Ola familias, aquí tedes as fotos dea visita de Eva a mamá de Sara Ruano, que fixo un delicioso taller de COCIÑA DIVERTIDA.
Laura
27 de nov. de 2015
17 de nov. de 2015
Ola familias, onte chegou as miñas mans a publicidade da lotería de nadal deste 2015. Gustoume tanto que decidín ensinarlla aos trasnos.
Quería explicaros o que traballamos con este vídeo.
Os nenos e nenas de 4 anos coñeceron a Justino. Falamos dos oficios que hai na nosa cidade, comentamos os traballos que se fan de día e os traballos que se fan polas noites, explicamos para qué serven os cuadrados dos calendarios, repasamos a numeración coas datas sinaladas importantes para Justino. Comentamos os medios de transporte da nosa cidade. Aprendimos cómo se fai unha lista de cousas ( neste caso de nomes). Repasamos as letras dos carteis: LOTERIA DE NAVIDAD e FÁBRICA DE MANIQUÍES. E algo moi importante, entendimos como se sinten as persoas cando están contentas, cando están emocionadas, ilusionadas, despistadas, tristes. Como nos gusta que a xente que nos rodea se preocupe por nós. E algo que estamos aprendendo a FACER AS COUSAS CON MOITO HUMOR e DISFRUTAR DOS SORRISOS DAS PERSOAS QUE ESTÁN CERQUIÑA DE NÓS.
Laura
anuncio lotería de navidad
anuncio lotería de navidad
10 de nov. de 2015
NENOS E NENAS DE 3 ANOS. PROTAGONISTAS DA SEMANA
Ola familias, quero expresar que na clase de 3 anos teño nenos e nenas fabulosos criados en familias moi moi especiais, e o resultado son nenos felices e unha profe encantada e agradecida.
Moitas grazas familias
TALLER DE LÓXICA-MATEMÁTICA
Quero aproveitar esta entrada para agradecer a todas as familias dos trasnos o enorme traballo que fan colaborando con este taller de loxica-matemática que tanto lles gusta aos trasnos. E deciros que favorece moitísimo as aprendizaxes dos nenos e nenas da clase. É un proxecto totalmente elaborado pola da mamá de Inés pero sen dúbida, sen a vosa colaboración non se podería facer. Moitas grazas Sara e María pola vosa presentación.
Laura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)