17 de nov. de 2015

Ola familias, onte chegou as miñas mans a publicidade da lotería de nadal deste 2015. Gustoume tanto que decidín ensinarlla aos trasnos. Quería explicaros o que traballamos con este vídeo. Os nenos e nenas de 4 anos coñeceron a Justino. Falamos dos oficios que hai na nosa cidade, comentamos os traballos que se fan de día e os traballos que se fan polas noites, explicamos para qué serven os cuadrados dos calendarios, repasamos a numeración coas datas sinaladas importantes para Justino. Comentamos os medios de transporte da nosa cidade. Aprendimos cómo se fai unha lista de cousas ( neste caso de nomes). Repasamos as letras dos carteis: LOTERIA DE NAVIDAD e FÁBRICA DE MANIQUÍES. E algo moi importante, entendimos como se sinten as persoas cando están contentas, cando están emocionadas, ilusionadas, despistadas, tristes. Como nos gusta que a xente que nos rodea se preocupe por nós. E algo que estamos aprendendo a FACER AS COUSAS CON MOITO HUMOR e DISFRUTAR DOS SORRISOS DAS PERSOAS QUE ESTÁN CERQUIÑA DE NÓS. Laura

anuncio lotería de navidad

1 comentario:

  1. Justino gostanos moito, e a eles tamén, de feito Jonás xa nos preguntou sabedes quen e Justino??? E sí, o que non o coñecía na casa xa o coñece :)

    ResponderEliminar