13 de xan. de 2022

PROPOSTAS PARA OS PINGÜÍNS E DRAGÓNS- VENRES 13 DE XANEIRO

 Ola pequen@s! As vosas profes estamos desexando vervos de novo polo cole. Sabemos que o estades facendo moi ben e que sodes uns campións e campioas! Estamos moi orgullosas de vós!!

No cole estes días fixemos a lectura do conto "O cociñeiro Martiño".Encantounos!

Se tedes o conto na casa animámosvos a ler o conto coas vosas familias e posteriormente, podedes facer un debuxo do noso protagonista da historia: Martiño.

Por se non tedes todavía o conto, non vos preocupedes, aquí vos deixamos o conto contado polo seu autor. Esperamos que vos guste!!

Vémonos moi pronto!!!

As profes Laura e Iria.


Unha das nosas pequenas, Gaia, fixo estes debuxos tan bonitos sobre a actividade proposta😍:




Ningún comentario:

Publicar un comentario