23 de xan. de 2022

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO!

 Ola, ola, aquí estamos de novo 😊

Esta semana os crocodilos descubriron o proxecto deste trimestre… AS XOANIÑAS!

A primeira hora da mañá alguén nos deixou unha carta por debaixo da porta. Era unha carta da xoaniña Mimi! Esta xoaniña tan simpática decidiu esconder por toda a aula unhas pistas para adiviñar unha palabra secreta.



En cada sobre que os crocodilos atopaban había unha imaxe, e tiñan que buscar a letra pola que comezaba esa palabra.



Os crocodilos adiviñaron moi rápido tódalas pistas e descubriron a palabra! Unha vez que a descubriron, atoparon o tesouro…unhas xoaniñas de chocolate!



Os crocodilos comezaron a dicir qué saben das xoaniñas. Tamén visualizaron un vídeo sobre o seu ciclo de vida, e fixeron debuxos relacionados coas xoaniñas.




Na nosa aula faltaba decorar o noso recanto da oficiña, relacionado coas xoaniñas. Algúns crocodilos axudáronme a decoralo e así de fermoso quedou!




Ata aquí todo por hoxe! Vémonos pronto 😊

Unha aperta moi grande!


Ningún comentario:

Publicar un comentario