Prezadas familias!
Aquí podedes ver un pequeno resumo de como celebramos o Samaín estes días na aula das xoaniñas.
Prezadas familias!
Aquí podedes ver un pequeno resumo de como celebramos o Samaín estes días na aula das xoaniñas.
Ola familias!!
Xa estamos de volta! Déixovos un pequeno anaco deste mes de Setembro 😊
O primeiro día do cole, fixemos unha "Tea de araña" para falar un pouquiño das nosas vacacións.
Ao longo deste mes, compartimos momentos xunt@s, xogamos e aprendemos nos diferentes recantos da aula.
Ata pronto!!😘
Ola, ola!
Os leóns e os
crocodilos remataron unha etapa marabillosa...a educación infantil!
Esta etapa estivo
chea de experiencias que seguro que os nenos e as nenas non van a esquecer, e
as mestras tampouco. Levaremolos sempre no corazón.
A última semana
de curso tivemos o acto de gradación, que fermoso foi!
Nesta entrada
podedes visualizar as fotos e os vídeos dese día tan especial. So tedes que
facer clic nas seguintes ligazóns:
https://photos.app.goo.gl/MH6RsnbWRGeP8TDC8
Desfrutade moito
do verán e recargade moito as pilas para a seguinte etapa! Estamos seguras de
que vai ser tamén moi especial para vos.
Unha aperta moi grande, querémosvos moito!
OLA FAMILIAS!
AQUÍ TEDES O VÍDEO RESUMO DO NOSO PROXECTO "AS BOLBORETAS", QUE COMO SABEDES, FORMA PARTE DO PDI (PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO) DE CENTRO "RqR"
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!
https://drive.google.com/file/d/1LMq5Qbyk0lRFy5rDja8ZLIx-_JGtZu04/view?usp=sharing
AQUÍ O TEDES!
ESTE É O NOSO RESUMO DO PROXECTO QUE LEVAMOS A CABO NA AULA DAS XOANIÑAS ESTE CURSO: OS ANIMAIS DA HORTA, O CAL FORMA PARTE DO PDI (Proxecto Documental Integrado) DO NOSO CENTRO: RQR
.https://drive.google.com/file/d/1YauRwtoNkM1JTze9WUVyZjLXpQtLkTck/view?usp=sharing
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
Como xa sabedes neste terceiro trimestre estamos a investigar e aprender sobre os caracois, os ourizos e as toupiñas, eses pequenos animais que conviven con nós nas nosas hortas. E, coma sempre, isto non sería posible sen a colaboración das familias. Mirade todas as achegas e o completo que está a quedar o noso recanto do proxecto: