Aquí tedes algunhas actividades para facer esta semana
7 de feb. de 2022
6 de feb. de 2022
PROPOSTAS DO 7 AO 11 DE FEBREIRO PARA AS XOANIÑAS E AS BOLBORETAS
NOVAS DA AULA DOS PINGÜÍNS!!
ACTIVIDADES DE GRAFISMO CREATIVO:
DÍA DA PAZ. os nosos pequen@s, participaron nun mural onde quixeron sementar cousas bonitas: amor, bicos, apertas, amizade...
CONTEDORES DE RECICLAXE: na aula falamos da importancia da reciclaxe para reducir os efectos da contaminación e intentar coidar o máximo posible o noso planeta. Na nosa aula poñemos o noso graniño de area e reciclamos os plásticos, o papel, e aproveitamos os restos de froita para o noso composteiro do cole.
PLANTAMOS PÓLAS DE HORTENSIAS: esta semana viu o profe Roi para facer unha actividade connosco. Plantamos pólas de hortensias e estamos desexando ver como saen as súas flores!!!!
O COCIÑEIRO MARTIÑO: estas semanas tamén estivemos traballando moito sobre o conto "O cociñeiro Martiño". Falamos dos ingredientes que utilizou para facer o biscoito, de cal é o noso persoaxe favorito, das emocións de Martiño....
Ata pronto!!!!😉
PROPOSTAS PARA OS CROCODILOS E OS LEÓNS (SEMANA DO 7 AO 11 DE FEBREIRO)
Ola crocodilos e leóns!
Hoxe traémosvos varias actividades para que fagades na casiña. Esperamos que vos
gusten!
Para comezar, que vos
parece facer unha xoaniña de papel?
Pois so tes que conseguir estes
materiais:
Agora facede clic na seguinte
ligazón e seguide os seguintes pasos para facer a xoaniña
https://www.youtube.com/watch?v=JW8f_3zTgdI
Que vos parece se facedes
un boneco de neve con cousiñas que tedes por casa? Móstrovos varios exemplos
para que collades ideas. Esperamos que vos gusten!
MANS A OBRA!
Na seguinte actividade
tedes que atopar elementos propios do inverno. Unha vez que os atopedes, escribide
o seu nome e facede un debuxo de cada elemento atopado.
Agora imos facer unha
actividade sobre grafismos. So tedes que coller os seguintes materiais e
comezar a crear!
Móstrovos varios exemplo de grafismos:
E por último…, imos facer un pouquiño de ioga! Se visualizades o seguinte vídeo podedes facer diferentes posturas que vos axudan a relaxarvos. Espero que o disfrutedes!
https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog
Ata aquí todo por hoxe!
Vémonos pronto crocodilos
e leóns!
Unha aperta! 😊
5 de feb. de 2022
INICIAMOS O PROXECTO DAS BOLBORETAS NA AULA DE 3 ANOS B
SEMENTANDO PAZ NA AULA DAS BOLBORETAS
4 de feb. de 2022
INICIAMOS O PROXECTO DAS XOANIÑAS NA AULA DE 3 ANOS A
NON PODIAMOS INICIARNOS DOUTRA MANEIRA NO MUNDO DOS PROXECTOS QUE FACENDO O QUE DA NOME Á NOSA AULA: AS XOANIÑAS.
COMEZAMOS?