9 de xuño de 2024

MÁIS FAMILIAS NA AULA

FAMILIA DE MALABARISTAS

O 19 de abril tivemos a visita da familia de Eva da aula das Xoaniñas para facer unhas pelotas de malabaristas.  Desfrutamos moitísimo. Traballamos a motricidade fina enchendo cada globo con arroz e a coordinación cos malabares que fixemos despois. 



FAMILIA DE PRESENTADORES:

Coa familia de Adriana traballamos o que fai un presentador de circo e elaboramos uns micrófonos con materiais de refugallo. 


FAMILIA DE MARCO E MATEO DA AULA DAS XOANIÑAS E DE EHYLA E RAÚL DA AULA DAS BOLBORETAS:

Coas familias de Marco e Mateo fixemos un sombreiro de mago con sorpresa incluída que formará parte do noso lapbook do proxecto final.




GRACIÑAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN SEMPRE!



8 de xuño de 2024

O CIRCO NA NOSA AULA

 Ao longo do segundo e terceiro trimestre conseguimos convertir as nosas aulas nun gran circo, cheo de cor, maxia e ilusión. 

Tivemos a colaboración da Biblioteca da Maga Tomasa que aportou bibliografía e recursos que empregamos na aula. 

Libros como El circo mágico, O gran circo das palabras, Tito fai de mago, Tito fai de malabarista, Titiricircus...  e moitos máis acompañáronnos ao longo do curso para desfrutar de momentos de lectura compartida. 



Aproveitamos a temática do circo para crear propostas e actividades adecuadas ao seu nivel.

- Actividades de lectoescritura: 

Con diferentes tarxetas de vocabulario e letras móbiles fomos avanzando no proceso lectoescritor traballando os prerrequisitos previos ao inicio da lectoescritura. 


Recanto do proxecto: No recanto do proxecto tiñamos unha carpa do circo, disfraces e diferentes obxetos para imaxinar, desfrutar e actuando daqueles artistas que máis nos gustaba. 

- Actividades de lóxica-matemática:

Coas cartas de poker xogamos ao cinquillo ordenando os números en diferentes equipos.
Con tarxetas de malabarista seguían a secuencia numérica con diferentes niveis de dificultade.


Premendo nesta última imaxen poderedes acceder ao álbum das propostas e recanto do circo:






OS XIRASOIS DE VAN GOGH

Coa chegada da primavera descubrimos a un novo pintor e algunhas das súas obras. Concretamente os Xiraxois, recreando o noso propio bodegón no noso caderno de arte. 

Esta obra ía acompañada cun fermosa historia dunha semente. 



 










PAULA VESTIDO DE ARLEQUÍN

 Coincidindo coa festa do Entroido seguimos coñecendo obras de artistas famosos como Picasso e a súa obra de Paula vestido de arlequín. 

Aprendimos que Paulo era o fillo de Picasso e que o retratou con roupas típicas do famoso personaxe da Comedia de Arte. 

Así coñecimos a un novo personaxe que ás veces forman parte dos circos, os arlequíns. 



Como sempre aprendimos unha poesía relacionada co cadro e fixemos a nosa propia representación no caderno de arte. Picando na imaxe accederes ás imaxes.






7 de xuño de 2024

TEATRO CIRCO DOS SORRISOS

 Despois de moito traballo, por fin conseguimos crear o noso circo dos sorrisos con 45 artistas de 5 e 6 anos que representaron e demostraron ser os mellores artistas. 

Tivemos a sorte de actuar na Asociación APAMP (Asociación de Parálise Cerebral) que está ao lado do centro e que cederon o seu escenario para nós. Foi un pracer compartir este momento con vós.

Para dita actuación elaboramos unhas invitacións que entregamos ás nosas familias, na que completamos o día, lugar e hora.


O xoves 23 de maio actuamos para os usuarios de APAMP e serviunos como un ensaio xeral. 


E o venres 24 de maio actuamos para as nosas familias que quedaron encantados. 

As mestras estamos moi orgullosas de todo o seu esforzo e traballo. Parabéns aos 45 pequenos e pequenas artistas que formaron parte do reparto deste gran Circo dos Sorrisos!



Como colofón final algunhas das nosas familias quixeron facer varias actuacións para os nenos e nenas. Tivemos bailaríns, magos, mimos... Foron uns verdadeiros artistas! Noraboa e grazas pola vosa colaboración!














SAÍDA AO TEATRO AFUNDACIÓN

 No mes de Abril fixemos unha saída ao teatro Afundación para ver a obra de teatro: Pingüin.

Esta obra conta a historia de Bobo, un simpático pingúin do Polo Sur que vai a ter un irmá. Aínda que ao principio cústalle aceptalo ao final comprende que gañou un amigo para toda a vida. 

Unha fermosa historia que inculca valores como a importancia de compartir e o reforzo da autoestima imprescindibles para madurar e manter lazos de amor e amizade. 





30 de maio de 2024

MELLORES AMIGOS DE KEITH HARING

 Os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando ao longo do curso diferentes obras de arte e as emocións que transmiten. Dentro do PDI do centro, as Bolboretas e Xoaniñas quixemos aportar o que aprendimos sobre Keith Haring. 

Eliximos este artista porque as súas obras están cheas de cor, son sinxelas e transmiten amor, amizade e alegría. 

Concretamente centrámonos na obra "Best Friends" (Mellores Amigos) co que creamos un vídeo e un cadro en conxunto para a exposición final á que estará invitada toda a comunidade educativa.