19 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Con motivo da celebración do día das Letras Galegas foron moitas as actividades que estivemos a realizar. 

Por unha parte coñecimos a homenaxeada deste ano, "Luisa Villalta" a partir das actividades interactivas que ofrece o Seminario Galán. 

Foi unha muller que defendeu o idioma galego coas súas obras de poesía, teatro, ensao... ademais dos artigos en diferentes revistas.

Aprendimos unha biografía musical que lle adicaron a Luisa Villalta e recreamos os seus retratos ao estilo Pop Art, do artista Andy Warhol. 




E tamén fixemos os nosos propios debuxos sen esquecernos do seu violín, ao que ela chamaba Violino. 





Tamén tivemos a sorte de asistir a unha animación sobre a homenaxeada, cun contacontos cheo de música e ledicia. 


 

28 de abr. de 2024

DÍA DO LIBRO

 Con motivo do día do libro estivemos a preparar un marcapáxinas que levamos para as nosas casas e puidemos desfrutar dun momento de lectura compartida cos nosos padriños e madriñas de 4º de 
Primaria. Grazas por este ratiño tan especial!





VIOLETA ÁS AGACHADAS

 Durante o mes de Abril estivemos a traballar co libro "Violeta ás agachadas" elixido como recomendación de Nadal para todo o alumnado de Infantil.

Elaboramos a nosas propias ilustracións obra de Abi Castillo) relacionadas con cada un dos diferentes meses do ano e o máis característico de cada un deles (a neve, os peliqueiros, as flores de primavera, os xeados do verán...) e creamos un mural colectivo entre todo o alumnado de infantil co que recibimos ao autor Ramón Veiga.



Aproveitamos tamén para facer un obradoiro de robótica co Beebot e que moviamos por todo o panel segundo o texto que saira para levar ao Beebot á ilustración correspondente. 


Coma colofón final, o alumado de 5 anos convertéronse en protagonistas do conto:





27 de mar. de 2024

OS ARTISTAS MÁIS FAMOSOS

A medida que imos investigando sobre o circo imos coñecendo moitas máis cousas, agora estamos descubrindo aqueles artistas máis famosos do circo nas diferentes categorías: mimos, pallasos, equilibristas, magos e bailaríns. 

Cada un destas tarxetas van asociadas a un ou varios vídeos que proxectamos na aula para que coñezan aos diferentes artistas. 


OS MIMOS: Marcel Marceau, Mr. Bean ou Charles Chaplin.


OS PALLASOS: os Pallasos da Tele, Charlie Rivel ou Krusty o Pallaso.


OS BAILARÍNS: Rudolf Nureyev, Joaquín Cortés e Ana Pavlova.

OS MAGOS: Houdine, Jorge Blas e David Copperfield


OS EQUILIBRISTAS: María Spelterini, Mestelrich e Nik Wallenda


SEMANA DA PRENSA

Durante a Semana da Prensa elaboramos en grupos cooperativos noticias relacionados co noso proxecto sobre o Circo dos Sorrisos. Foron noticias de acontecementos importantes para nós, como a chegada do circo ao noso centro, os artistas máis famosos do circo que imos coñecendo e os espectáculos de maxia, de equilibristas e de pallasos que fixemos nas aulas. 


DÍA DA MULLER

8 de marzo celebramos o día da muller traballadora e durante esa semana estivemos a coñecer a Frida Kahlo. 

Muller mexicana que despois de pasar unha enfermidade e un tráxico accidente atopou na pintura a súa motivación para superar o sufrimento e encher a vida de cores. 

Un dos seus lemas "Pes para que vos quero se teño ás para voar" definen á perfección a súa forma de ver a vida.

Coñecimos a súa vida cun conto e un vídeo.

            


Abraionos tanto a súa historia que coñecimos moitos das súas obras e fixemos un autoretrato de Frida coas bolboretas. 




Ademais durante esta semana coñecimos unha historia marabillosa da man de tres nenas intrépidas, valentes, inxenioxas... que descubriron as pedras que moitas persoas poden poñer no noso camiño para que os nenos e nenas non poidan voar alto e chegar a onde queiran chegar.













OBRADOIRO DE MALABARISTAS

 Contamos coa colaboración de dous nenos doutro colexio da zona que nas clases de Educación Física practican malabarismos co diábolo, platillos e pelotas. 

Recibimos  a súa visita e quedamos abraiados coa súa destreza con estes aparellos. Foi unha clase maxistral da que desfrutamos moito.